A marea rosa percorrerá Boiro plantándolle cara ao cancro de mama

24 Setembro 2019

20190924. Unha nova edición da Andaina Solidaria contra o cancro de mama chega a Boiro para recadar fondos destinados á loita contra esta enfermidade. Os encargados de dar a coñecer os detalles desta cita foron o alcalde boirense, José Ramón Romero, acompañado de membros da organización por parte de Cimadevila Salud, Carmen Pouso e Ricardo López.

Esta andaina celebrarase o domingo, 20 de outubro, situando o punto de saída na praza do Concello, ás 10.30 horas. A continuación, procederase á realización do itinerario que percorrerá Triñáns, O Saltiño, A Boliña, o paseo marítimo, estuario do río Coroño e Goiáns para regresar novamente ao emprazamento de saída, ao redor das 13.30 horas, onde tódolos participantes se xuntarán para formar un gran lazo rosa.

Carmen Pouso afirmou que a andaina é “sinxela” co obxectivo de que participe xente de tódalas idades, pois “queremos superar os dous mil participantes do ano pasado, o noso obxectivo é tinguir Boiro de rosa.”

Pola súa parte, o rexedor expresou o seu agradecemento á organización por “implicarse na realización dunha actividade como esta, que nos fai a todos tomar conciencia e involucrarnos por unha causa solidaria.” Así mesmo, animou á veciñanza boirense e doutros municipios a inscribirse neste evento, xa que “o percorrido é sinxelo para que calquera poida participar dentro das súas posibilidades e facelo pola loita contra o cancro.”

As inscricións están abertas desde este luns, acadando xa a cifra dos 200 participantes. Os interesados poden anotarse na Farmacia Cimadevila, cun prezo establecido nos 10 euros para os adultos e 5 euros para os cativos, incluíndo a camiseta e unha mochila. Todo o recadado doarase á Asociación Española Contra o Cancro (AECC) coa finalidade de contribuír á investigación neste eido.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.