Definidos os asuntos a abordar no pleno ordinario do 30 de setembro en Ribeira

26 Setembro 2019

20190926. O pleno ordinario do mes de setembro en Ribeira celebrarase o luns 30. Algúns dos asuntos que se tratarán, e dos que xa demos conta noutras noticias publicadas, son a construción dunha nova Biblioteca municipal pública (BNG); unha proposición relativa ao proxecto da depuradora de mexillón en Castiñeiras (Suma Ribeira); o saneamento do lugar de Canaveiro (PSdeG-PSOE); a elaboración dun estudo sobre as necesidades das persoas maiores que viven soas (PBBI); e a habilitación de aparcamento para os familiares dos usuarios do Centro de Día de Alzhéimer de Ribeira (PBBI).

Non obstante, outras das cuestións a abordar serán a aprobación provisional da modificación puntual da ordenanza 8.3 das normas urbanísticas do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Ribeira; a proposición sobre o rexeitamento ao depósito de lodos nas inmediacións da illa de Sálvora ou outro lugar da ría de Arousa (Suma Ribeira); ou a proposición relativa ao acatamento da lexislación vixente de normalización lingüística para o Concello de Ribeira, inscribíndose con ‘b’ (PSdeG-PSOE), entre outros.

Outros artigos

Concentración en Ribeira tras un nuevo crimen machista en A Coruña

Un novo crime machista sacode A Coruña. Un home matou ao seu exmujer no piso que esta habitaba na cidade herculina, aumentando así o número de feminicidios en Galicia. O presunto autor xa foi detido polas autoridades. En resposta a esta situación, o colectivo...

+

Xa está a operativa a senda de Teira (Corrubedo)

O Concello de Ribeira informou este luns 16 de xuño de que xa está operativa a nova senda de Teira: habilitada para o tránsito seguro para os peóns logo dunha reforma integral levada a cabo pola brigada de Obras do Concello de Ribeira. Co obxectivo de mellorar o...

+

Ribeira celebra o Día da Bici con máis de 400 participantes

Ribeira viviu este domingo unha xornada festiva co Día da Bici, un evento organizado pola Concellería de Deportes en colaboración co Club Os Saltamontes, a Asociación de Veciños de Carreira, a Policía Local, GAEM e Protección Civil. Máis de 400 persoas de todas as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

Morreu o seu can, Xambrailo, e aínda anda coa dor no peito, nos ollos mollados, no corazóne na alma. A súa alma é tan grande que o ocupa todo, o que se ve e o que está detrás doque se ve, o de arriba e o de abaixo. El di, con toda a súa sabedoría no falar e con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.