Usuarios do centro de día de enfermos de Alzheimer de Ribeira solicitan prazas para aparcar

20 Setembro 2019

20190920.- Familiares de usuarios do centro de día de enfermos de Alzheimer de Ribeira, solicitan o PBBI que pida o concello que se habiliten prazas de aparcamento nas súas inmediacións para o seu uso nas horas de entrada e de saída das devanditas instalacións.

Os usuarios dirixironse o “Partido Barbanza Independente” para amosarlle que lles resulta imposible atopar eses espazos nas inmediacións do devandito centro de día xestionado por Agadea para poder levar e recoller aos seus familiares, sobre todo os que teñen dificultades de mobilidade reducida.

Para que non se teñan que eliminar prazas de aparcamento nesa zona da Avenida do Malecón, desde o Partido Barbanza Independente consideran que a zona de carga e descarga existente diante da Pastelería Fina e as súas proximidades podería ser un bo lugar para que eses familiares poidan estacionar os seus vehículos por uns instantes para deixar ou recoller aos usuarios do centro de día. Para iso, din, bastaría con incluílos como usuarios deses espazos, fixándose un tempo limitado para que poidan proceder co xa mencionado, repartindo o seu uso cos vehículos de carga e descarga. Desde PBBI consideran conveniente que se amplíe nun metro a rampla existente para que poidan acceder á beirarrúa as persoas con mobilidade reducida e que se desprazan en cadeiras de rodas ou similares. Trataríase, din, dunha obra que ben podería realizar o persoal da Brigada Municipal de Obras e Servizos e cuxo custo sería reducido.

O grupo municipal do Partido Barbanza Independente ( PBBI) insta nun escrito o pleno da corporación municipal de Ribeira á adopción das medidas necesarias para o acondicionamento da zona de aparcadoiro e de rampa de acceso para o centro de día de enfermos de Alzheimer

Outros artigos

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.