O BNG de Ribeira levará a pleno a construción dunha nova Biblioteca municipal

24 Setembro 2019

20190924. O grupo municipal do BNG ribeirense levará a pleno unha moción relativa á construción dunha nova Biblioteca municipal pública. O voceiro do Bloque, Xosé Vázquez Cobas, expuxo que “non é unha proposición para esixir ou para pedir unha mellora, esas mocións xa as temos feitas ao longo dos anos.” O nacionalista fixo referencia ao ano 2010, cando un grupo de usuarios se pechou nesta instalación polo horario.

Vázquez Cobas manifestou que o espazo actual “non reúne as condicións para unha cidade como Ribeira”, así que a formación considera que “non merece a pena arranxar” ao entender que “non da máis de si.” Deste xeito, propoñen a construción dunha nova biblioteca “moderna, dotada con tódolos servizos necesarios” enumerando unha sala de lectura, sala de estudo, servizo de préstamo, ludoteca, sala dixital, sala de actos, etcétera. Ademais, o voceiro nacionalista precisou que buscan un lugar “accesible” en tódolos eidos, comprendendo a acepción de “cercana, próxima, con personalidade propia, cun edificio propio, no centro da cidade ou nun sitio céntrico, onde os veciños poidan entrar e que forme parte do tecido urbano.”

Vázquez Cobas insistiu en que propoñen a construción dunha “nova biblioteca para Ribeira, acorde aos tempos nos que vivimos e ao que a cidade merece.” Así mesmo, confía en que os demais grupos da corporación municipal voten a favor desta proposta porque “as cidades e o benestar dos cidadáns non se miden só polo nivel de renda, nin porque teñan acceso a unha determinada infraestrutura, senón tamén se miden pola súa cultura e, para que unha cidade sexa culta, ten que ter unha biblioteca en condicións, é unha cousa imprescindible” co obxectivo de “dinamizar a cultura e para que os cidadáns de Ribeira teñan acceso a unha cultura de maneira próxima, cercana.”

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.