O PBBI levará a pleno a situación da veciñanza que reside sen compañía

26 Setembro 2019

20190926. O grupo municipal do PBBI levará ao pleno de Ribeira unha moción relativa á elaboración dun estudo para coñecer as persoas que residen soas, así como as súas necesidades.

Segundo manifestan, “son numerosas as persoas que viven completamente soas, especialmente de idade avanzada, ben sexa por decisión propia, polo desinterese ou ausencia de familiares ou por outras causas, sen que reciban ningún tipo de atención ou asistencia pese á súa situación.”

O partido liderado por Vicente Mariño de Bricio indica que “existen casos nos que eses veciños acabaron morrendo na máis absoluta soidade, ademais da circunstancia de que se tivo coñecemento do seu falecemento pasado varios días ou semanas.” Unha situación que leva sucedéndose en diferentes localidades españolas e galegas, “e o noso municipio non foi alleo a este tipo de sucesos.”

A finais do mes de xullo, e despois de que varios veciños desen aviso, apareceu no interior dunha vivenda da parroquia de Aguiño o corpo sen vida dun sexaxenario. Desde o PBBI sinalan que “non se tratou dun caso illado, pois con anterioridade xa se rexistraron outros en similares circunstancias no casco urbano ribeirense e nas súas parroquias.”

Así, entenden que o Concello debe tomar medidas, así como Servizos Sociais emprender diferentes accións para que as persoas maiores que viven soas reciban a asistencia e atención que precisan coa intención de que no futuro non se repitan casos similares.

Por todo isto, a formación insta á adopción de acordos no que respecta a que Servizos Sociais elabore un estudo para determinar a veciñanza que reside sen compañía, “especialmente os de maior idade, debido á súa maior vulnerabilidade”; a que a citada área municipal analice a situación de cada unha desas persoas “para coñecer as súas necesidades para que sexan cubertas”; e destinar unha partida orzamentaria “para poder atender a todos eses veciños e as súas necesidades.”

Outros artigos

Aguiño segue en loita para cubrir as baixas na atención sanitaria 

A contorna do Centro de Saúde de Aguiño volveu ser escenario este venres dunha nova mobilización convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública e pola veciñanza de Aguiño para reclamar "unha atención sanitaria digna e a cobertura de todo o persoal necesario...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.