Veciños de Castiñeiras reuníronse co alcalde Manuel Ruiz pola depuradora de mexillón

23 Setembro 2019

20190923. A comezos do mes de setembro, un grupo de veciños da parroquia ribeirense de Castiñeiras foron recibidos pola tenente de alcalde, María Sampedro, co obxectivo de indagar sobre as cuestións relativas ao proxecto de instalación da depuradora de mexillón no peirao da localidade, así como trasladarlle as súas inquedanzas. En dito encontro, insistiron nunha reunión co alcalde Manuel Ruiz.

Finalmente, esta xuntanza produciuse a pasada semana. Unha comisión designada pola veciñanza manifestoulle ao rexedor a súa preocupación e descontento pola construción deste inmoble no porto de Castiñeiras. Segundo indicaron os asistentes, o alcalde escoitou os seus argumentos e ofreceuse a mediar ante o promotor da obra e ante Portos de Galicia co propósito de encontrar outro lugar “máis idóneo” para o emprazamento da citada depuradora. Deste xeito, está previsto que se entreviste o xoves 26 coa presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, e hoxe co promotor.

Agora quedan á espera do resultado destas xestións, que “agardamos sexa satisfactorio para as nosas demandas.”

Ademais, mantiveron conversas cos representantes dos grupos políticos do PSdeG-PSOE, BNG, PBBI e Suma Ribeira. De feito, os socialistas e os nacionalistas confirmaron que levarán esta cuestión ao Parlamento galego. Así mesmo, Suma Ribeira presentará unha proposición para que “o Concello se decante en contra de que se faga isto aí e que se fagan as xestións oportunas nas autoridades competentes, e con Portos en concreto, para que se reconsidere o tema da licencia que no seu día se concedeu.”

Por outra banda, xa se puxo en marcha o proceso de reactivación da asociación veciñal A Batiola co obxectivo de facer as xestións oportunas a través desta entidade, non no nome de particulares como se viña facendo. Tamén se agarda manter xuntanzas co patrón maior da confraría de Ribeira, José Antonio Pérez, e o seu homólogo na confraría de Carreira-Aguiño, José Antonio Santamaría, pero estes encontros aínda están pendentes de ser definidos.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

O que foi e o que non é;  o que puido ser e a realidade converteu nunha experiencia máis para todos; o que o presidente autonómico canario quixo transmitir coma un relato propio daquel personaxe que foi "Cantinflas", quedará gravado para sempre na memoria de cantos, a...

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

Hay una vieja trampa del poder que consiste en creer que las herramientas de la política pertenecen a quienes las inventan. Que el garrote es legítimo en tus manos y criminal en las del adversario. Que la ley vale cuando te protege y es injusta cuando te golpea. La...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.