O BNG de Ribeira confirma que se levarán ao Parlamento as demandas pola depuradora de mexillón

14 Setembro 2019
Cedida por BNG de Ribeira

20190913. A casa da cultura de Castiñeiras acolleu na tarde do venres unha asemblea aberta entre a veciñanza e o BNG ribeirense para falar da instalación do proxecto dunha depuradora de mexillón no peirao desta parroquia.

Os concelleiros Luís Pérez Barral e Xosé Vázquez Cobas, acompañados da deputada Montse Prado, informaron á veciñanza sobre os expedientes e os trámites que se foron dando desde o comezo ata a actualidade. Neste sentido, Vázquez Cobas manifestou que “no BNG levamos traballando meses a nivel municipal estudando os expedientes e esixindo que se cumprise coa normativa.” Tras unha revisión da documentación, os nacionalistas sinalaron que detectaran a carencia dos permisos municipais preceptivos por parte da empresa, polo que a obra tivo que ser paralizada.

Respecto da lei de Portos de Galicia do 2017, a deputada nacionalista indicou que “esa lei foi feita para favorecer a especulación e promover os intereses privados, pasando por riba de veciñanza e concellos.”

Prado criticou a “opacidade coa que actúa Portos, Costas e Concello de Ribeira ao non informar á veciñanza, mesmo permitindo ilegalidades”, polo que confirmou que aproveitará a iniciativa parlamentar para saber se a obra conta coa declaración de impacto ambiental e transmitir o malestar da xente.

O BNG subliñou que non se trata de evitar que se asenten empresas que xeren riqueza no municipio, “quen diga iso do Bloque mente”, senón de procurar que se instalen “en localizacións axeitadas para que provoquen a mínima afección ambiental e social.”

Por último, as veciñas e os veciños expresaron a súa preocupación e comprometéronse a seguir loitando.

Outros artigos

Aguiño rende culto á navalla na súa décima festa gastronómica

A lonxa de Aguiño converteuse este domingo no epicentro gastronómico do Barbanza coa celebración da X Festa da Navalla. Centos de persoas achegáronse ata as inmediacións do recinto portuario para degustar un total de 600 quilogramos deste bivalvo, despachado á prancha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

Dí o PP que Pedro Sánchez "non quere un Rei preto do pobo; o PP, sí". Segundo fontes do partido, o PP vai exercer presión parlamentaria no Congreso para esixir explicacións ao Goberno e a visita do presidente de Ceuta ao palacio de Marivent , residencia vacacional dos...

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

Que estará pasando para que ninguén, nin os máis listos, saiban nada do que pasa. Un deputadogalego, despois dunha crise política que se cargou a parte do goberno autonómico, dixo coa man nopeito, do lado do corazón, aquí, “pasou o que pasou”. Todos o entenderon....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.