Os socialistas levarán ao Parlamento galego cuestións sobre a depuradora de mexillón en Castiñeiras

20 Setembro 2019
Cedida por PSdeG-PSOE

20190920. A reunión celebrada a fin de semana pasada no Liceo Marítimo de Ribeira entre cargos institucionais e orgánicos do PSdeG-PSOE, contou coa presenza de concelleiros socialistas na área do Barbanza e representantes na Deputación, Sandra González; no Parlamento, Teresa Porritt; e no Congreso, Pilar Cancela. Un dos puntos a tratar foi o proxecto de instalación da depuradora de mexillón no peirao da parroquia ribeirense de Castiñeiras.

Agora o partido vén de anunciar que este tema se levará ao Parlamento galego. Así, os deputados Teresa Porritt, Patricia Vilán, Luís Manuel Álvarez e María Luísa Pierres rexistraron unha serie de preguntas para a súa contestación en sesión ordinaria.

Desde a formación política, consideran que “na actualidade o espazo natural e cultural recuperado na praia do Castro en Punta Castiñeiras está a verse ameazado pola construción dunha depuradora de mariscos no seu porto. Esta actuación provocou e provoca o malestar da veciñanza de Castiñeiras, xa que se atopa no enclave do parque e das praias.” Tamén engaden que “o día 20 de maio de 2014 a empresa, Triñanes e Pego, presenta solicitude de concesión e desde Portos comunícanlle que a documentación que presentou está incompleta e solicítanlle a que debe achegar. Desde o primeiro momento comezan a darse unha serie de presuntas irregularidades que se prolongan no tempo e que ao noso entender non teñen un encadre legal.”

Algunhas das cuestións formuladas son se ” valorou a Xunta de Galicia, ante o malestar xerado na veciñanza, a posibilidade de instalar a depuradora noutro enclave?”, “ten coñecemento a Xunta de Galicia de se as obras están dentro da afección dunhas ruínas da antiga fábrica de salgado?” ou “considera o Goberno galego que a actuación administrativa respecta o procedemento legalmente establecido?”, entre outras.

En total, preto dunha decena de interrogantes presentados para recibir resposta por parte do Executivo autonómico.

Outros artigos

Este domingo 23 celébrase a VII Bandeira de Bateis Concello de Ribeira

Este xoves 20 de marzo presentáronse os detalles da VII Bandeira de Bateis Concello de Ribeira, que se celebra este domingo 23. Participaron na cita cos medios o rexedor ribeirán, Luís Pérez Barral, o tenente de alcalde, Vicente Mariño, o segundo tenente de alcalde,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Empiezan quemando libros”. Manuel Dominguez

“Empiezan quemando libros”. Manuel Dominguez

Siéntate pacientemente junto al río y verás pasar el cadáver de tu enemigo flotando».Llevo un tiempo y no veo resultados, más aun los resultados que veo son contra la vida, contra la justicia, todo fluye en mi contra, en nuestra contra.Presidentes USA asesinados,...