Os socialistas barbanzáns reuníronse en Ribeira para abordar diversas cuestións

16 Setembro 2019
Cedida por PSdeG-PSOE

20190916. O Liceo Marítimo de Ribeira foi escenario dunha reunión entre cargos institucionais e orgánicos do PSdeG-PSOE. Concretamente, o encontro contou coa presenza de concelleiros socialistas na área do Barbanza -Outes, Noia, Porto do Son, Ribeira, Muros, Rianxo, A Pobra do Caramiñal, Lousame, Mazarios, Boiro, Dodro e Padrón- e representantes na Deputación, Sandra González; no Parlamento, Teresa Porrit; e no Congreso, Pilar Cancela.

O obxectivo desta xuntanza residía en falar e avanzar en proxectos e proposicións que afectan a esta zona. Así, algúns dos asuntos a tratar foron xestións directas que concirnen á cidadanía a nivel local, comarcal, provincial, autonómico e estatal. Deste xeito, abordouse a circunvalación de Ribeira, o Centro de Día en Rianxo, a concentración parcelaria en Rianxo e Lousame, a planta de residuos de Servia en Lousame, o saneamento das rías de Muros-Noia e Arousa, a depuradora de mexillón en Castiñeiras e o tren do Barbanza.

Cedida por PSdeG-PSOE

En definitiva, desde a formación política sinalan que a finalidade era dinamizar as doce agrupacións da comarca, así como apoiar nos distintos estamentos administrativos as súas demandas.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.