A comarca únese hoxe á Folga Mundial Polo Clima

27 Setembro 2019

20190927 Este 27 de setembro organízase a nivel mundial un evento que pon o foco na necesidade de poñernos a traballar a prol do planeta: esixindo ás entidades e empresas mundiais que se mollen de verdade pola Terra e, tamén, aplicando medidas de sustentabilidade no noso día a día (por exemplo apostando por medios de transporte limpos e/ou públicos ou reducindo o volume de plásticos que carrexamos para o fogar). Todo isto vén a conto para lembrar que hoxe, apoiada por máis de 1.600 convocatorias mundiais, celébrase a #FolgaMundialPoloClima.

A mobilización internacional está a ter repercusión na nosa comarca, con actividades na Pobra (unha cadea humana na praia dos Areos, unha recollida de lixo no río Pedras e unha concentración ás 20.30 horas no Cantón da Leña) e máis en Rianxo (contacontos, charlas e unha concentración pola emerxencia climática, hoxe, na praza de Padrón).

Ao programa de actividades dos devanditos concellos únese tamén o de Lousame, cuxas entidades ambientais celebran mañá en Froxán a recuperación dunha turbeira drenada polos Servizos Forestais nos anos 1970 na Área Conservada pola Comunidade Veciñal de Froxán e eliminando eucaliptos en toda a súa contorna. A actuación comezará ás 9:30 e rematará ás 14:00, cun xantar de albaroque ofrecido polas entidades anfitrioas de Montescola e a Comunidade Veciñal de Froxán.

Segundo nos conta Verdegaia, unha das plataformas que máis está a traballar pola folga deste 27 de setembro na nosa terra, a listaxe de entidades galegas que se uniron ao Movemento Galego polo Clima está formada por medio cento de colectivos, plataformas e asociacións, todas elas unidas baixo o obxectivo común de defender o futuro dun planeta vivo e dun mundo máis xusto.

O Movemento Galego polo Clima: as orixes

O Movemento Galego polo Clima xorde en Galiza como resposta á convocatoria de mobilización mundial feita polo movemento xuvenil Fridays For Future (Venres por Un Futuro) para este 27 de setembro, co obxectivo de saír á rúa a reclamar accións urxentes que fagan fronte á mudanza climática e que garantan un futuro para as xeracións máis novas.

O Movemento Galego polo Clima está conformado por unhas 50 entidades e colectivos galegos que apoian o chamado de acción da xente nova ante a situación de Emerxencia Climática que vive o planeta enteiro, e particularmente a nosa terra. “É por iso que temos intención de afrontar este reto tendo presente cales son as causas que máis están alentando o quecemento global no noso país e cales son as medidas que poderían evitar as consecuencias drásticas para o noso territorio e para o pobo galego no seu conxunto”, sinalan dende Verdegaia, en cuxas vertentes web (no Facebook de seu e no blogue do Movemento) podemos seguir de preto toda a información sobre as diferentes mobilizacións.

Outros artigos

Choivas e vento marcarán o luns 19 nas Rías Baixas e en Santiago

O luns 19, San Mario, entrará unha fronte fría polo noroeste que se irá desprazando cara ao leste ao longo da xornada. Esta situación deixará ceos nubrados e precipitacións, que serán máis frecuentes e intensas no terzo norte, onde poderán presentarse en forma de...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Chorar como un tolo”. Luís Celeiro

“Chorar como un tolo”. Luís Celeiro

Choraba como un tolo e nunca pasaba nada. Outros rían como tolos e moitos esperaban, aga ocasión para chorar desesperadamente, como se cada un deles fose unha alma en pena saltandopolas alturas, polos cumes de Pena Trevinca, Punta Negra ou Pena Surbia. Naquelas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.