Froxán (Lousame) únese o 28-S á folga polo clima

03 Setembro 2019
Brigadas Deseucaliptizadoras mans á obra nos montes de Lousame

20190903 O sábado 28 de setembro vaise celebrar unha Greve Global polo Clima, unha folga que quere pór de manifesto a necesidade urxente dos gobernos e as grandes empresas de aplicar medidas efectivas que freen o quecemento do planeta e a destrución da diversidade. A comarca do Barbanza non vai ficar allea a esta xornada de mobilización, e así nolo contan as Brigadas Deseucaliptizadoras de Verdegaia, que se unen á folga dende Froxán en Lousame.

Farano recuperando unha turbeira drenada polos Servizos Forestais nos anos 1970 na Área Conservada pola Comunidade Veciñal de Froxán e eliminando eucaliptos en toda a súa contorna. Segundo lembra o colectivo galego de defensa e activismo medioambiental, “as turbeiras representan importantísimos reservorios de carbono e a súa continuada destrución e degradación contribúe para a emisión de CO2 á atmosfera”.

A actuación comezará ás 9:30 e rematará ás 14:00, cun xantar de albaroque ofrecido polas entidades anfitrioas de Montescola e a Comunidade Veciñal de Froxán. Pola tarde será a quenda da Romaria da Coluna Sanfins con coloquios e debates, así como a presentación do libro Mancomunidade. O programa de actividades será aberto ao público en xeral, con coloquios para participarmos activamente. Amais, para celebrar a data e en homenaxe das 600 brigadistas inscritas na iniciativa, durante o albaroque repartiranse as camisolas das Brigadas Deseucaliptizadoras e farase unha foto colectiva.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...