A Pobra súmase este 27 á folga internacional contra o cambio climático

23 Setembro 2019

20190923 Esta semana, para que non o saiba é Semana de Acción polo Clima, unha mobilización internacional coa que se quere acompañar a Folga Mundial contra o Cambio Climático, o 27 de setembro. Dito doutro xeito: estes son os días de berrar ben alto, para que se escoite, que cómpre instar ás entidades públicas e ás empresas de todo o mundo a que fagan algo de verdade para pór freo ás catástrofes ecolóxicas derivadas do quecemento da Terra. A #semanapoloclima tamén vai ter repercusión na nosa comarca, voces que se van sumar ao berro mundial. Dende a Pobra do Caramiñal, o Concello vénse de sumar ás localidades galegas que xa confirmaron que van pechar fileiras arredor da iniciativa: Coruña, Ferrol, Lugo, Miño, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago e Vigo. O día grande será o 27 de setembro.

O programa de accións pobrenses artéllase deste xeito:

· 10.30 horas. Cadea humana na praia dos Areos. Aberta a todo o público.

· 16.00 horas. Recollida de lixo no río Pedras. Para maiores de 12 anos e con inscrición obrigatoria en medioambiente@apobra.gal ou chamando ó 981-843280, extensión 2008.

· 20.30 horas. Concentración no Cantón da Leña, aberta, para unirse á mobilización mundial que se está a realizar ao longo de toda a semana “ante o estado xeral de emerxencia climática”, e ante os problemas derivados do “modelo de produción extractivista, excesiva e consumista que rexe nos días de hoxe”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.