Unhas 350 persoas participaron no xantar conmemorativo dos once séculos de Corrubedo

26 Agosto 2019

20190826 As celebracións dos 1.100 anos da parroquia de Corrubedo que se están a levar a cabo este ano na vila mariñeira culminaron este domingo cun macro-xantar veciñal na explanada do porto, no que a confraternidade, a boa comida (dúas grandes paelleiras de tamaño acorde co número de comensais) e a música (a banda de gaitas e baile Tahúme, o DJ Magic Mendes) foron protagonistas e no que participaron arredor de 350 persoas (superándose todas as expectativas de participación, mesmo as máis optimistas no que a presenza de veciños e visitantes se refire).

O xantar, no que tamén foi protagonista a historia en imaxes de Corrubedo (o material audiovisual de Maxi Franco, Montserrat Gutiérrez e Francisco Sánchez Fraga: un percorrido pola apaixonante historia da vila, rica en interesantes acontecementos ligados ao mar, e tamén aos traballos da terra), foi organizado pola Asociación Corrubedo Once Séculos. No seu transcurso, o colectivo local entregou os agasallos a todas as persoas e entidades que colaboraron na materialización do evento e nas restantes actividades conmemorativas que se desenvolveron ao longo do ano.

Actividades como por exemplo a conferencia co historiador Francisco Sánchez Fraga, a viaxe ás décadas pasadas de Corrubedo que achegou o arquiveiro municipal de Ribeira, José Antonio Otero Sobrido, a carreira popular Corrubedo Once Séculos ou as festividades da patroa, o 15 agosto.

Outros artigos

Ribeira premia os comercios mellor decorados na XIX edición de Artemar

A votación popular recoñeceu a ambientación mariñeira d’O Bazar de Álvaro, Iluminación Lijó e A Recoveira. Premio Recoveira O Concello de Ribeira fixo entrega dos galardóns correspondentes ao Concurso de Decoración de Establecementos, enmarcado dentro da décimo novena...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.