Corrubedo festexou a súa patroa (e os seus once séculos de historia)

16 Agosto 2019

20190816 Este 15 de agosto, Día da Asunción, foi unha festa completa para a parroquia ribeirense de Corrubedo, que festexou a súa patroa e que, ademais, dáse a circunstancia de que está a celebrar estes meses os seus once séculos de historia. A coincidencia das dúas conmemoracións, xunto co feito de estarmos en verán e de que o bo tempo se impuxera, fixo que a xornada fose especialmente festiva, concorrida e animada. A vertente relixiosa veu dada pola misa solemne na honra da virxe ao mediodía. A vertente deportiva materializouse coa carreira popular Corrubedo 11 Séculos, da que dimos conta (informando das e dos gañadores) neste medio, onte mesmo.

Polo que se refire á vertente lúdica da celebración, houbo un menú variado de actividades, todas elas organizadas pola asociación cultural Corrubedo 11 Séculos, en colaboración co Concello: a partir das 12.00 comezou un percorrido familiar e turístico en tren por algunhas das rúas principais da vila mariñeira (Delicias, Bos Aires dende Teira até a contorna da praia de Balieiros), e pola tarde houbo máis percorridos en tren, inchables e actividades para a rapazada no porto. Para rematar, celebrouse na igrexa un concorrido concerto de habaneiras, a cargo do Coro Parroquial de Corrubedo, que interpretou temas coñecidos (pero non por iso menos valorados) como Habanera de mi vida, De colores, El abanico ou O voso galo.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...