O historiador Francisco Sánchez Fraga pecha o círculo de conferencias sobre Corrubedo

15 Xullo 2019

20190715. Un total de 250 incidentes marítimos graves acaecidos entre Sálvora e Basoñas e, de resultas dos mesmos, 1.494 persoas falecidas é o que ten contabilizado o historiador Francisco Sánchez Fraga no entorno de cabo Corrubedo e así o referiu a pasada fin de semana durante a última das catro conferencias que, a iniciativa da asociación Corrubedo XI Séculos e coa colaboración do Concello de Ribeira, tiveron lugar na casa do mar da parroquia.

Baixo o título de Lo que aprendí de Corrubedo, o conferenciante –autor de libros como Santa María del Cabo de Corrubedo (y coto del mismo nombre) ou Corrubedo en verso y prosa— deu a coñecer abundantes datos acerca deste territorio desde tempos remotos ata o pasado máis inmediato.

Así, ante un público que volveu encher un venres máis a casa do mar, a súa intervención incidiu en temas tales como os petróglifos do Outeiro de Santiaguiño, os lindes históricos do coto de Corrubedo ou o documento no que se fai referencia á doazón da parroquia polo rei Ordoño II ao mosteiro de San Paio de Antealtares no ano 919, documento que está a motivar a conmemoración destes once séculos.

Unha parte da súa exposición estivo dedicada aos naufraxios, pois Sánchez Fraga exerceu durante a súa vida profesional como integrante do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas (GEAS) da Garda Civil. O orador matizou que os 250 incidentes marítimos con 1.494 persoas mortas é o que el ten rexistrado pero que de seguro houbo moitas máis que se descoñecen. Como maiores traxedias na contorna citou os afundimentos do Captain (482 mortos), o Santa Isabel (213), o Friesland (144), o Dom Pedro (89) e o Salier (279).

A última parte da charla centrouse no que aprendeu a partir de conversas cos mariñeiros máis veteranos do pobo, nas que saíron a luz antigos homes de mar xa falecidos coma tío Juan Franco (co que se enrolaron por primeira vez moitos veciños a bordo da súa dorna María) ou José Romay Ageitos.

Sánchez Fraga non quixo finalizar sen mencionar dúas vías de investigación que ao seu xuízo merecen ser exploradas por alguén e incluso plasmadas en sendas novelas: unha ten que ver coas mulleres do pobo ao longo da historia e a outra co entramado de amizades e relacións de parentesco que de maneira solidaria se foron axudando uns aos outros nas súas respectivas carreiras profesionais ata o punto de que un número elevadísimo de habitantes alcanzaron o máximo nivel en forma de armadores ou patróns de pesca nos máis importantes portos pesqueiros da xeografía española.

Finalmente, foi agasallado co obsequio institucional da asociación organizadora, consistente nunha réplica dunha das pedras que marcaban os lindes do antigo coto de Corrubedo. Este mesmo regalo que foi entregado á nova presidenta do Club de Xubilados da parroquia, Estrella Franco; e ao artesán que fixo este agasallo, Manuel Olveira.

Outros artigos

Aguiño segue en loita para cubrir as baixas na atención sanitaria 

A contorna do Centro de Saúde de Aguiño volveu ser escenario este venres dunha nova mobilización convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública e pola veciñanza de Aguiño para reclamar "unha atención sanitaria digna e a cobertura de todo o persoal necesario...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.