O arquiveiro de Ribeira profundou na década dos 50 en Corrubedo

08 Xullo 2019

20190708. O arquiveiro municipal de Ribeira, José Antonio Otero Sobrido, presentou o venres a penúltima das catro conferencias que, baixo o título común Corrubedo ao descuberto, estanse a desenvolver na casa do mar desta parroquia como iniciativa da asociación Corrubedo XI Séculos.

A charla de Otero Sobrido estivo dedicada a tratar en profundidade a década de 1950 na localidade usando documentación histórica extraída dos fondos do Concello, revelando datos esclarecedores da vida naquel entón, principiando pola súa poboación, moito maior que a actual -2.320 habitantes de dereito e 1.580 de feito, segundo a Memoria de Xestión Corporativa de 1949- ou algunhas obras executadas naquela época -as pavimentacións da rúa da Igrexa e a da explanada do porto ou saneamento da rúa Delicias-.

O arquiveiro local dedicou parte da exposición a incidir na temática da educación, relatando curiosas anécdotas coma o alto grao de absentismo dalgúns alumnos ou a dunha polémica “escola clandestina.” Sucesos coma o naufraxio fronte á Cedeira en 1954 do vapor Albatros, no que morreron 8 mariñeiros corrubedáns, tamén formaron parte da explicación na que José Antonio Otero quixo facer fincapé no carácter indómito da veciñanza da parroquia cando se daban situacións que consideraban inxustas.

Invitada por Corrubedo XI Séculos, a concelleira de Cultura, María Sampedro, entregou o obsequio institucional de dita entidade, consistente nunha réplica dunha das pedras identificativas dos límites do antigo coto de Corrubedo, obra do artesán Manuel Olveira Franco.

A última das conferencias deste ciclo será impartida este venres ás 21.00 horas na casa do mar polo historiador e veciño Francisco Sánchez Fraga e levará por título Lo que aprendí de Corrubedo.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...