Cabo de Cruz será escenario da XXIX Bandeira Concello de Boiro

22 Agosto 2019

20190822. O domingo 25 terá lugar nas inmediacións do porto deportivo de Cabo de Cruz a XXIX Bandeira Concello de Boiro. Trátase da décimo oitava regata puntuable da Eusko Label Liga coa participación de tódolos integrantes da Asociación de Clubs de Traiñeiras. A regata dará comezo ás 12.00 horas, celebrándose a reunión de delegados ás 10.30 horas no salón de plenos da Asociación de Mexilloeiros de Cabo de Cruz (AMC) para proceder ao sorteo de carreiros de cada quenda. Este evento deportivo foi presentado esta mañá por parte do presidente do Club de Remo Cabo de Cruz, Daniel Vázquez; o alcalde boirense, José Ramón Romero; e o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo.

Daniel Vázquez comezou a súa intervención expresando o seu agradecemento polo patrocinio do Concello para, a continuación, desvelar os detalles desta cita. Así, a proba realizarase polo sistema en liña, a catro longos e tres ceavogas cun percorrido de 5.556 metros nun campo orientado de norte a sur. Ademais, manifestou que Cabo de Cruz “se atopa nunha posición cómoda en canto a manter a categoría”, pois están de oitavos con 80 puntos.

O edil Marcos Fajardo fixo fincapé na posta en valor do equipo local, xa que “compiten con monstros deste deporte coma son os do País Vasco.” Deste xeito, lembrou que os remeiros crucenses “están competindo contra xente profesional, cando eles son todos traballadores que saen de traballar, en moitos casos ás once da noite, para incorporarse aos entrenamentos e iso ten un mérito tremendo.” Así mesmo, animou á xente a asistir a unha xornada na cal coincidirá a Regata Galatea e unha festa gastronómica con paella, empanada e mexillóns.

Pola súa parte, o rexedor apuntou que este evento contribúe a poñer o nome do municipio por toda España, especialmente no norte. Tamén aproveitou para felicitar a unha delegación presente do equipo de remo de Orio, os cales van de primeiros na competición. Será así unha fin de semana con “moito deporte náutico no noso municipio”, agardando que sexa unha xornada na cal moita xente desfrute do turismo e gastronomía de Boiro.

A entrega da bandeira ao gañador realizarase na auga e haberá premios e compensación por participación. Esta regata está organizada pola Asociación de Clubs de Traiñeiras e o Club de Remo Cabo de Cruz, contando co patrocinio do Concello de Boiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Momentos Altos”. Mario Clavell

“Momentos Altos”. Mario Clavell

Camino dos minutos pisando hojas caídas de los olmos de Santa Clara. A través de losauriculares oigo el andante del concierto 2 para piano de Rachmaninov, plas, plas, plas…Saludo al vecino José Antonio en la parada del bus número 6, y veo nubes blancas entre...

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

Mazón se desentendió de la Dana el día 29 al coger un día de asueto para mocear con una periodista, habiendo dicho que no pudo estar en contacto con emergencias por un apagón de falta de cobertura, una mentira más, cuando la periodista declaró que tuvo constantes...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.