Boiro será escenario dunha nova edición da Regata Hotel Galatea-Trofeo Conservas Pescamar

21 Agosto 2019

20190821. O Náutico de Boiro-Marina Cabo de Cruz acollerá esta fin de semana a chegada e saída da vixésimo terceira edición da Regata Hotel Galatea-Trofeo Conservas Pescamar, sendo a novena vez que se celebra no municipio de Boiro e que contará con máis dunha vintena de embarcacións participantes de catro clases. Así o anunciaron no acto de presentación o alcalde boirense, José Ramón Romero; o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo; o presidente do Náutico de Boiro, Manuel Chicolino; e o presidente do Náutico de Portonovo, Javier Ruíz de Cortázar.

A Regata Galatea terá lugar o vindeiro sábado 24, cando as embarcacións cheguen a Cabo de Cruz desde Portonovo, aproximadamente ás 19.00 horas. O domingo 25 as naves partirán novamente cara o Náutico de Portonovo ao redor das 12.00 horas, coincidindo tamén coa regata ACT de Traíñas. Por este motivo, tódalas embarcacións levarán unha bandeira vermella homenaxeando ao Club de Remo Cabo de Cruz.

O presidente do Náutico de Portonovo, Javier Ruíz, agradeceu ao Concello a súa colaboración para seguir levando a cabo esta regata que é “unha das máis importantes de Galicia, moi tranquila e na que participan moitas embarcacións”, mentres que o seu homólogo no Náutico de Boiro, Manuel Chicolino, apuntou que “é un orgullo a colaboración con esta regata e a relación que hai entre os dous náuticos.”

Pola súa parte, o edil Marcos Fajardo convidou a todos a acudir esta fin de semana a Boiro, xa que “son uns días moi importantes para os deportes náuticos do municipio, ao coincidir a Regata Galatea coa Liga ACT de Traíñas.”

O alcalde de Boiro expresou o seu agradecemento aos presidentes de ambos clubs, agardando que “se manteñan estas colaboracións e que poidamos seguir desfrutando desta regata noutras ocasións.” Así mesmo, animou a achegarse o sábado ao Náutico de Boiro porque “se vai poder ver unha imaxe moi bonita da nosa ría, cos veleiros por un lado e as Traíñas polo outro.”

Outros artigos

Retirada dunha árbore no lugar de Fornos, no concello de Boiro

Os bombeiros do parque Provincial de Boiro atenderon sobre as 9:00 horas da mañá de hoxe unha chamada na que se informaba dunha árbore caída no lugar de Fornos, en Abanqueiro, no concello de Boiro. Despois de realizar unha valoración inicial no lugar, comprobouse que...

+

A ABE entrega os premios da Campaña de Nadal

A sede da patronal de Boiro acolleu a entrega de premios da Campaña do Nadal da ABE na que clientes, comerciantes e amigos ateigaron o salón de actos na asociación. O acto abriuno o presidente da ABE, Daniel García que destacou que “nos 30 días que durou a campaña...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A toda vela, outra volta!: non queda outra! ” – Antón Luaces

“A toda vela, outra volta!: non queda outra! ” – Antón Luaces

A fame obriga. Ou, o que ven ser o mesmo, a necesidade de reducir custes fai que experiencias acumuladas durante séculos, obriguen aos armadores de todo tipo de buques a repensar antes de investir na construción de novos buques: retornan as velas e, desta vez, non só...