Rianxo rende tributo ás redeiras

22 Xullo 2019

20190722 A Aula Activa do Mar de Rianxo segue a poñer o punto de mira nos diferentes (e complementarios) oficios relacionados coa pesca, algúns dos cales desenvólvense máis en terra ca no mar e que, polas razóns que sexa, nunca tiveron o recoñecemento que merecían, malia a súa importancia para garantir a boa economía de múltiples familias e empresas. Desta volta, a homenaxe céntrase no oficio de arranxar e manter as artes de pesca, da que xorde a mostra Mulleres Redeiras, enmarcada na Festa Gastronómica dos Produtos do Mar de Rianxo, festividade da que falamos hoxe en O Barbanza.

Coa exposición preténdese difundir e poñer en valor un oficio tradicional desempeñado maioritariamente por mulleres, que, dende tempos inmemoriais, realizan un labor manual de reparación e confección de redes, “diferentes en función do tipo de arte de pesca, da técnica de confección da rede, etc.”

Segundo lembra a organización da mostra sobre a importancia desta oficio, “a arte de reparación e fabricación de redes é un dos máis antigos oficios mariñeiros, e, sen ela, os labores de pesca non se poderían levar a cabo”. Ademais, engade a Aula Activa, “representa un dos sinais culturais de Galiza, como é a actividade relacionada co mar”.

Esta mostra celebrarase o sábado 27 de xullo a partir das 18:00h ao lado da carpa Rianxo cociña o mar.

Outros artigos

O pleno da Estrada acorda o irmandamento con Rianxo

O pleno da corporación municipal da Estrada aprobou esta semana, por unanimidade, o irmandamento do Concello estradense co de Rianxo, municipios unidos simbólica e culturalmente pola parella que conformaron a estradense Virxinia Pereira Renda e o rianxeiro Alfonso...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.