Unha cita en Rianxo con sabor a mar

22 Xullo 2019

20190722. Rianxo acollerá o 27 e 28 de xullo unha festa gastronómica que terá como protagonistas aos produtos do mar. Dúas xornadas cunha programación cargada de gastronomía, música e cultura, entre outros.

O sábado 27 desenvolverase un amplo abano de actividades entre as que se atopan unha degustación; a exposición de artesanía onda a carpa da festa; o showcooking ‘Rianxo cociña o mar’ a cargo de David Alcalde Costas na carpa da festa, de 18.00 a 20.00 horas, e de balde; a actuación de Río do Anxo; a ruta ‘Tapeando Rianxo’ que percorre a hostalería da vila; visitas ao Museo do Mar; actividades infantís da man de Uxía Lambona e a banda molona, ás 21.00 horas, na praza Rafael Dieste; a Feira do Libro na praza Castelao; e a actuación musical de Luar na Lubre, ás 23.00 horas, na praza Castelao.

Na xornada do domingo 28 terá lugar novamente unha degustación; a arribada da Xeiteira no peirao da T co desembarco da xouba e pasarrúas; a actuación de Vai de Roda; a exposición de artesanía xunto a carpa da festa; a ruta ‘Tapeando Rianxo’ pola hostalería da vila; visitas ao Museo do Mar; a Feira do Libro; o espectáculo musical de Xurxo Souto que se fundamenta nos cantos de traballo das mulleres do mar, ás 13.00 horas, na praza Castelao; e a actuación infantil de Xoán Curiel, ás 19.00 horas, na praza Rafael Dieste.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.