Juan Perro visita Boiro o vindeiro 3 de agosto

17 Xullo 2019

20190717 A Pousada da Galiza Imaxinaria segue adiante este verán co seu importante labor de situar Barbanza e Boiro no cumio da lista estatal de salas de concertos (ese feixe de salas, non moi abondosas pero selectas, que resultan ser case tan importantes coma as bandas e os solistas no que se refire á capacidade para garantir unha boa ración de música). Ao fío disto, o local de Suso Santamaría recibirá en agosto a visita de Juan Perro, lenda viva da música española e do mundo (foi un dos creadores de Radio Futura e, indirectamente, de boa parte do rock independente que veu despois). Será o sábado 3 de agosto, a partir das 22.00 horas. As entradas (23 euros) xa están á venda na Baldani Concept Store e na propia Pousada.

Juan Perro, para que non o saiba, é o sobrenome de Santiago Auserón, nado en Zaragoza o 25 de xullo de 1954. Auserón, que estivo á fronte de Radio Futura dende 1980 a 1992 (dende onde publicou obras magnas como La Canción de Juan Perro ou La ley del desierto, la ley del mar), vén de publicar un novo traballo discográfico, chamado Vagamundo, onde fai unha homenaxe á canción popular española a través dunha revisitación musical e diversa do seu propio repertorio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.