Martes regresan as choivas que continuarán durante os próximos días

29 Abril 2024

Este martes teremos ceos nubrados durante a mañá con precipitacións de intensidade moderada, quedando nun réxime de chuvascos localmente treboentos acompañados dalgunha saraibada pola tarde. As temperaturas mínimas sufrirán un moderado ascenso, mentres que as máximas descenderán, máximas de 16 graos. Os ventos soprarán do noroeste pola mañá moderados en xeral, virando pola tarde a oeste con refachos fortes no litoral norte.

meteogalicia

O noso mar: Vento do noroeste á mañá, do oeste á tarde e do oeste á noite, forza 3 a 5 á mañá, 2 a 4 á tarde e 1 a 3 á noite. Forte marusía á mañá, marusía á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade regular á mañá e á noite e boa á tarde. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1.5 a 2.5 metros á mañá, 2 a 3 metros á tarde e 2.5 a 3 metros á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

  1. Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
  2. Praia de Balieiros directo- Corrubedo
  3. Praia da Ladeira directo- Corrubedo
  4. Praia das Furnas directo. Porto do Son
  5. Praia Aguieira directo.Porto do Son
  6. Portosín. Porto do Son
  7. Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
  8. Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
  9. Centro Náutico do Freixo
  10. Praia de Carnota

Outros artigos

“O Barbanza: Cinco anos de xornalismo independente”

Hai cinco anos, en maio do 2019 nacía na súa edición dixital obarbanza.gal e uns días despois na de papel O Barbanza, sempre en galego e baixo a cobertura do Grupo Código Cero Comunicación. Dicíamos daquela que eramos un grupo de profesionais decididos a aventurarnos...

+

O Noia Portus Apostoli, tricampión da Copa Galicia de fútbol sala

Tricampión de Galicia. O Noia Portus Apostoli volveu coroarse este 17 de maio, Día das Letras, como o auténtico rei de Galicia tras proclamarse campión da Copa Galicia por terceiro ano consecutivo. O bloque noiés, o noso único representante na máxima categoría do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión