O Noia Portus Apostoli, tricampión da Copa Galicia de fútbol sala

17 Maio 2024

Tricampión de Galicia. O Noia Portus Apostoli volveu coroarse este 17 de maio, Día das Letras, como o auténtico rei de Galicia tras proclamarse campión da Copa Galicia por terceiro ano consecutivo. O bloque noiés, o noso único representante na máxima categoría do fútbol sala español, impúxose nunha gran final a un O Parrulo Ferrol (5-2) que plantou moita batalla, sobre todo na primeira parte. Na segunda, os de Manu Cossío apertaron o acelerador para acabar conquistando o torneo por antonomasia do fútbol sala galego.

Co Pavillón Municipal Agustín Mourís ata a bandeira, o inicio do partido non defraudou. O Parrulo Ferrol subiuse ás barbas do Noia e golpeou ata en dúas ocasións seguidas para situar o 0-2 no electrónico grazas aos tantos de Rubén Orzáez e de Iván Rumbo.

Con todo, os vixentes campións lograron empatar a contenda antes do descanso cos goles de Pirata, MVP da final, e Matheus Preá á saída dun córner.

Futgal

Co empate no marcador (2-2) e coas espadas en todo o alto chegouse ao tempo de descanso.

Na continuación, o Noia Portus Apostoli pisou o acelerador e aos poucos foi desequilibrando a balanza ao seu favor. Volveron emerxer as figuras de Matheus Preá e de Pirata para achegar o título a casa (4-2).

Co paso dos minutos, O Parrulo viuse superado e xa sobre a bucina apareceu Power Raggiati, e cos ferroláns atacando en superioridade, para sumarse á festa e asinar o definitivo 5-2.

A XXXII xa ten dono. A Copa Galicia, por terceiro ano consecutivo, xa loce na vitrina do Noia Portus Apostoli. 

Pirata, MVP

Adrián Rodríguez “Pirata” foi elixido como o mellor xogador da gran final e recibiu o premio MVP Munich ao remate do partido.

O adeus de Pola, unha lenda do noso futsal

Esta final da XXXII Copa Galicia masculina de fútbol sala supuxo tamén a despedida de Pola, lenda do fútbol sala galego. O xogador vigués xa anunciara hai unhas semanas a súa retirada das pistas e hoxe, Día das Letras, recibiu o agarimo de todo o futsal galego.

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu hoxe en Noia á final da XXXII Copa Galicia masculina de fútbol sala entre o Noia Portus Apostoli e o Parrulo Ferrol, na que se impuxo o equipo local, conseguindo o título por terceiro ano consecutivo. No descanso do encontro o conselleiro participou na entrega de trofeos a diversas categorías do Noia.  

Ficha técnica

NOIA PORTUS APOSTOLIHenrique, Edu Jabá, Pirata, Matheus Preá e Machado – cinco inicial -. Tamén xogaron Power Raggiati, Lluc, David Pazos, Rufino, Nico Rosa e Pola.Adestrador: Manu Cossío.O PARRULO FERROL FSRegueira, Iván Rumbo, Turbi, Rubén Orzáez e Domingos – cinco inicial -. Tamén xogaron Novoa, Adri, Keita, Héctor, Negro e Hélder.Adestrador: Nacho García.ÁRBITRO: Dacal Deza, Darriba Villamor e López Seijas.0-1 | Rubén Orzáez, min. 70-2 | Iván Rumbo, min. 121-2 | Pirata, min. 152-2 | Matheus Preá, min. 163-2 | Matheus Preá, min. 274-2 | Pirata, min. 375-2 | Power Raggiati, min. 39Final da XXXII Copa Galicia masculina de fútbol sala disputada no Pavillón Municipal Agustín Mourís de Noia.

Reportaxe fotográfico: Enlace

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.