Durante o sábado as baixas presións irán perdendo forza polo que Galicia quedará nunha situación intermedia. Agárdanse chuvascos localmente tormentosos, máis frecuentes á primeira hora.
As chuvias irán remitindo co avance da tarde, quedando pola noite máis dispersos e ocasionais na metade norte. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso. O vento soprará de compoñente norte, con intervalos moderados no litoral atlántico.

O noso mar: Vento do noroeste á mañá e á tarde e do norte á noite, forza 3 a 5 á mañá, 4 a 6 á tarde e 3 a 4 á noite. Marusía á mañá e á noite e forte marusía á tarde. Visibilidade regular á mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1.5 a 2 metros.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota



