Rois celebra o San Isidro e réndelle homenaxe a Xan do Pemento nunha festa con centos de veciños

17 Maio 2024

A veciñanza de Rois volveu honrar a Santo Isidro, patrón do municipio, coa asistencia dunhas 650 persoas ao xantar popular celebrado no polideportivo dos Dices. O Concello fíxolle un recoñecemento ás persoas centenarias e rendeulle homenaxe a Juan Manuel Calvo Agrasar, pola súa dedicación á taberna O Pemento, entregándolle o galardón Santo Isidro Labrador. O ex árbitro roisense Quique Ramos foi o encargado de ler o pregón e Lara Barreiro recolleu de mans do alcalde o premio como autora do cartel anunciador da festa. Os actos rematan mañá, 16 de maio, coa gran verbena amenizada polas orquestras Charleston Big Band e La Fórmula no campo da festa.

Xan do Pemento, como se lle coñece na comarca do Sar, foi a alma máter da popular taberna de Seira ata que se xubilou hai cinco anos. En 1964 o seu pai puxo en marcha unha tenda de comestibles na casa familiar, “a tenda do olvido” como lle chamaba Xan, a onde a veciñanza ía buscar o que se esquecera de mercar. Coa chegada do campo de golf, na tenda comezaron a servir tortillas e vai evolucionando ata converterse no que hoxe en día é O Pemento, un taberna caracterizada pola comida caseira de calidade e por ser un epicentro cultural no que poden expresar a súa creatividade artistas da comarca. Xan xubilouse en 2019 e colleu o relevo Jesús Mosquera, Chus.

Nos actos oficiais para conmemorar as festas patronais, o Concello de Rois entregoulle a Juan Manuel Calvo Agrasar o recoñecemento Santo Isidro Labrador pola súa dedicación á taberna O Pemento. “Durante os sesenta anos que O Pemento leva aberta, primeiro como tenda e logo como taberna, sempre buscamos darlle aos nosos clientes o mellor da nosa terra e o mellor de nós mesmos para que quixeran voltar. Grazas a eles hoxe recibo esta homenaxe”, dixo Xan do Pemento, que tamén tivo palabras de agradecemento para o alcalde e para o Concello de Rois. Un grupo de gaiteiros, amigos do homenaxeado, dedicáronlle unha canción despois de recibir o premio.

O pregón e a homenaxe celebráronse no polideportivo municipal dos Dices, no que tamén se lles fixo un recoñecemento ás persoas centenarias do municipio. Todos os asistentes puideron ver unha fotografías dos homenaxeados, a quen o alcalde e membros do goberno municipal lles entregaron un agasallo ao longo do último ano coincidindo coa data do seu aniversario. “Sempre estaremos en débeda cos nosos maiores, que traballaron tanto para deixarnos un legado que nós agora queremos preservar e mellorar”, asegurou o alcalde, Ramón Tojo.

Ademais de darlle o recoñecemento Santo Isidro Labrador a Juan Manuel Calvo Agrasar e un detalle ao pregoeiro, Ramón Tojo tamén lle entregou o premio a Lara Barreiro como gañadora do concurso e autora do cartel anunciador das Festas do Santo Isidro 2024.

Remitida

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Paz profesional”. Alberto Barciela

“Paz profesional”. Alberto Barciela

En los primeros días de la Guerra Civil española, contemplando una parada militar en la rúa del Villar de Santiago, preguntaba un paisano a otro: “a ti que che parece todo isto?” El otro le contestó, “por un lado ti xa ves e polo outro, que queres que che diga?” A lo...

“10 años del reinado de Felipe VI” – Manuel Domínguez

“10 años del reinado de Felipe VI” – Manuel Domínguez

Se cumplen diez años del reinado de Felipe VI, el paso de los diez años se nota en su rostro, se nota en que las niñas crecieron, la heredera al tono, ya esta pasando por las fuerzas armadas, mas tarde complementara con otros estudios. La cosa, es la pregunta obvia,...