
Este sábado 27 de xaneiro celébrase en Boiro a XXI edición da regata contra o reloxo de remo organizada polo Club de Remo de Cabo da Cruz (CRCC) que leva o nome de #SomosBoiro e na que colabora a ABE (Asociación Boirense de Empresarios).
Para celebralo a patronal boirense puxo en marcha un sorteo de 2 premios; 1 paquete afeccionado (que inclúe a camisola oficial do CRCC, 2 camisolas cabo somos nos e 1 gorra do CRCC) e 1 bono ABE de 50 €
Para participar só hai que realizar unha compra entre o 20 e o 27 deste mes en calquera dos negocios asociados a ABE e rexistrala na web www.abe.gal.
O luns 29 de xaneiro realizarase o sorteo dos premios entre todos os tíckets rexistrados.
Concurso de Remo
En paralelo a este sorteo, o sábado no campo de regatas o CRCC instalarase un ergómetro no que os seareiros poderán demostrar a súa destreza como remeiros. A patronal de Boiro aporta 2 premios de 25€ en Bonos ABE para os mais rápidos.




