“Os pélets plásticos vanse co vento, máis volverán a Galicia co aire”

17 Xaneiro 2024

A manchea de pélets de plástico que a Xunta prognosticou que esta fin de semana invadiría as praias de Galicia non se cumpriu: o vento destes días desprazou esa marea plástica ou marea branca cara ao centro do Atlántico, afastándoa da comunidade galega.

Así o informa o grupo canario de investigación  OpenPLAS para o que a maior parte dos granulados seguen en océano aberto e non nas proximidades da costa galega. Os plásticos foron levados polas correntes mariñas ata Asturias e Cantabria en cantidades mínimas respecto das “traídas” á costa de Galicia. 

Nada se pode asegurar sobre as condicións nas que se atopan os sacos que seguen no Atlántico, mais semella que a maioría non chegaron á costa.

Os pélets volverán, pero en pequenas manchas nas vindeiras semanas e meses. Probablemente, di OpenPLAS, con maior incidencia nas Rías Baixas que noutros puntos do territorio costeiro de Galicia.

Máis sendo isto importante, non o é menos a pretensión de cambiar a lexislación europea  para o transporte deste material, obxectivo que centra actualmente -xunto coa decisión de seguir a recoller as boliñas de plástico que aínda están nas praias- a atención das organizacións medioambientalistas na vía de reconsiderar os pélets produtos perigosos e moi contamiñantes; modificar a normativa de transportes marítimos para que os pélets se transporten con maior seguridade e sexan manexados por profesionais especializados, e esixir responsabilidades, con multas ás empresas implicadas,  produtoras e de transportes; así como establecer un protocolo de actuación en caso de desastre medioambiental a nivel estatal para actuar axiña.

Son peticións dirixidas aos políticos, cos que os medioambientalistas tentan  reunirse, xunto cos representantes autonómicos e estatais, para acadar este cambio.

As bólas atopadas ata o de agora, teñen relación coa empresa polaca Bedeko Europe, produtora e distribuidora deste tipo de material, que fai recaer na navieira danesa Maerks a responsabilidade do vertido, se ben adxudica a propiedade dos sacos a una empresa india, como xa informara O Barbanza.

Un contedor de pélets pode levar no seu interior ata 25 toneladas, o que equivale a entre 800 e 1.000 sacos de pélets: máis de mil millóns destas bólas que, voluntarios e traballadores de empresas contratados ao efecto, seguen a recoller.

Como se lembrará o buque Toconao perdeu parte da súa carga o 8 de decembro á altura de Viana do Castelo (Portugal). Un destes colectores perdidos cargaba bolsas de granulados plásticos. En total, 1.050 sacos de pélets. Estes, polo seu reducido tamaño, non é doado recollelos unha vez que están esparexidos nos areais. Son considerados “esponxas tóxicas” que atraen toxinas químicas e outros contaminantes ás súas superficies. A limpeza -de non contribuír decisivamente o mar e o vento- pode levar meses, mesmo anos, porque non  se biodegradan, fragméntanse en nanopartìculas que poden chegar a ser inxeridas polo plancto (base de toda a cadea alimentaria mariña).

Outros artigos

“Nun dezasete de maio…” – Manuel Domínguez

No dia 17 de maio de 2019 veu a este mundo, não sei se era menino ou menina, uma vida muito especial, uma vida que nos incentiva a viver, a lembrar, uma vida que mantém a esperança de um projeto vivo. Já são 5 anos, no mundo da informação, dia a dia, onde a notícia é...

+

“Que non veña un inverno duro!”. Antón Luaces

Van aló máis de quince anos desque a Xunta, a través da consellería do Mar (antes, de Pesca) contempla o pasar do tempo mentras os mariscadores sachan, sementan e fan cálculos sobre as perdas económicas que supoñen os vertidos dos encoros e a carencia dunha política...

+

“A Sanidade non se vende, a sanidade deféndese”. Antón Luaces

Pública e responsable. Así debe ser a Sanidade en España. Para esto, o Goberno derogará a lei aprobada por José María Aznar (a Lei 15/1997) que permitía o que, hoxe en día, está a acontecer: a privatización dun servizo público e universal que tanto custou e custa á...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

¿El mundo se ha vuelto idiota?. José Antonio Constenla

¿El mundo se ha vuelto idiota?. José Antonio Constenla

Antes de que la palabra idiota fuera un insulto y la RAE en su diccionario ladefiniera como tonto, corto de entendimiento o falto de instrucción, los antiguosgriegos la usaban para referirse a los que no se ocupaban de los asuntospúblicos y se dedicaban en exclusiva a...

“El IES Díaz Castro de Guitiriz”. Joisé Castro López

“El IES Díaz Castro de Guitiriz”. Joisé Castro López

James Botkin, coautor de “Aprender, horizonte sin límites” (Informe al Club de Roma,1979) contrapone el "aprendizaje de mantenimiento" que enseña a los escolares aenfrentarse a situaciones conocidas, al "aprendizaje innovador", que transmiteconocimientos y...