“O Congreso dos Deputados, a corrixir a proposta de lei de amnistía vetada no Senado”. Antón Luaces

14 Maio 2024

Non hubo sorpresa: Tal e como se agardaba, o pleno do Senado aprobou este martes o veto defendido polo PP cos votos de VOX, UPN e AHI á proposición de Lei de Amnistía cuxo texto -en caso de aprobación-  afectará esencialmente aos implicados no “procés” independentista de Cataluña.

Malia o rexeitamento inicial da devandita proposición no Senado -onde o PP ten maioría- a Lei volverá ao Congreso dos Deputados para a súa segura aprobación cos votos dos deputados do PSOE e os seus apoios na Cámara baixa. Deste xeito, a aprobación da Lei a finais deste mes poderá rexistrar a maioría absoluta do Congreso.

Na votación do dictame da Lei de Amnistìa deste martes foron 149 os apoios ao veto proposto polo PP, por 113 en contra. 

Para o PP, VOX e UPN, a de Amnistía é unha Lei inconstitucional e o pagamento da peaxe que Pedro Sánchez e os independentistas deben asumir para seguiren na Moncloa, mentres que o PSOE e os partidos que o apoian entenden que se trata dunha especie de baño de realidade na convivencia e a normalización polìtica en Cataluña.

Un veto, o do PP, VOX e UPN que se diluirá xusto cando uns e outros partidos representados no Parlamento catalán remoen o resultado das eleccións autonómicas que evidencian unha baixa máis que notable do voto independentista.

 Para o PSOE o resultado electoral do domingo é un aval á medida de gracia á que deu pulo o Goberno, mentres que o PP fala de “obscenidade” e “fraude democrática”. 

O veto no Senado á Lei de Amnistía, acadado nun pleno non exento de tensión, levará esta novamente á Cámara Baixa coa vista posta no que Junts e ERC podan decidir de cara aos seus apoios posteriores ao Goberno de Pedro Sánchez.  

Outros artigos

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

+

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

+

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.