“A Sanidade non se vende, a sanidade deféndese”. Antón Luaces

13 Maio 2024

Pública e responsable. Así debe ser a Sanidade en España. Para esto, o Goberno derogará a lei aprobada por José María Aznar (a Lei 15/1997) que permitía o que, hoxe en día, está a acontecer: a privatización dun servizo público e universal que tanto custou e custa á cidadanía deste país. Porque, verdadeiramente, o pobo español non debe, nen pode, facer cesión á empresa privada dun dereito gañado a pulso por todos e cada un dos españois ao longo de décadas de pagamentos e entregas.

A Lei de Aznar fixo que proliferaran os seguros privados de tal xeito que, na actualidade, os hospitais privados están, en canto ao seu funcionamento, desenvolvendo a súa actividade como se fosen públicos: longas listaxes de espera na atención aos doentes e estes, maioritariamente, con tarxeta sanitaria do Sergas (Servizo Galego de Saúde) no marco da comunidade autónoma galega. Todo elo coa “bendición” do propio Sergas, que deriva aos hospitais privados a boa parte dos enfermos que deberían ser atendidos nos centros públicos, mentres nestes de procede a cotío ao peche de habitacións.  Así, o doente que pasa dun a outro hospital, fai que ambos -o privado e o público- estean a rebordar e tarden semanas e meses en ambos os casos, en seren atendidos sobre todo en materia de especialidades cirúrxícas.

A ministra de Sanidade, Mónica García, tenta poñer couto a esta situación comezando por sacar a consulta pública a Lei de Xestión Pública e Integridade do Servizo Nacional de Saúde, pondo remate ao “lucro incesante que foi abonando as diferentes formas de xestión da nosa sanidade”.

A ministra fai fincapé no acordo de goberno entre PSOE e Sumar para pechar a porta “a modalidades que deterioraron  o noso sistema nacional de saúde” e que, en Galicia concretamente se evidencian no asentamento, aquí, de grandes conglomerados sanitarios moitos deles pertencentes a complexos multinacionais alimentados ata o de agora pola xa mencionada lei de 1997, do goberno de Aznar.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.