“A prol da xestión de residuos mariños controlados dende a súa trazabilidade” – Antón Luaces

16 Xaneiro 2024

É sabido que nin as aseguradoras nin os fretadores da carga de buques mercantes como o Toconao e a práctica totalidade dos buques portacontedores que navegan por todos os mares do mundo saben con exactitude cal é o contido deses contedores. Os buques que os transportan teñen a obriga de comunicar ás autoridades marítimas a caída ao mar, por calquera circunstancia, dun destes contedores. Sobre todo polo perigo que significan para a navegación, especialmente para os buques de pesca. Por tal motivo, non existe unha seguridade absoluta sobre o acontecido co Toconao e cando, realmente, se produciu a perda de seis contedores, entre estes o que agora a Xunta intenta localizar para selar e coñecer o que queda no seu interior, nunha misión para a que o goberno autonómico non ten capacidade nin medios e que, teoricamente, só poderían afrontar os gobernos de España ou Portugal.

No tocante ao impacto da contaminación por pélets de plástico, estes provocan situacións “catastróficas” en todo o planeta segundo un informe de Fauna&Flora International: Desde os anos 70 do século pasado, océanos e praias están invadidos por estes cascallos. E mesmo hai lugares nos que a contaminación por plásticos superou niveis que ocasionan riscos ecolóxicos significativos.

Destes datos tíranse conclusións importantes: por exemplo, que para estudar a “vida” destas bólas plásticas compre comezar pola súa fabricación. No seu estudo, Fauna&Flora International sinala que nos últimos trinta anos os esforzos para tratar a contaminación destes  ciscallos oriéntanse cara as  verteduras nos seus lugares de  produción e fabricación. Os granulados adoitan derramarse nas zonas industriais e arrástranse ata os desaugadoiros. Cando están preparados para o seu transporte, empaquétanse e viaxan en camións, onde “o risco de perda é alto”.  A organización antedita informa que os pélets  recentemente creados envásanse en sacos de 25 quilogramos, cantidade inferior á que levaban os sacos de rafia perdidos polo buque Toconao fronte a  Viana do Castelo (Portugal), que son menos resistentes e máis doado de se romper.

Estes plásticos mal envasados poden filtrarse dos colectores durante o transporte marítimo ou caer ao mar por malas condicións meteorolóxicas. Unha vez no mar, ao ter os pélets unha densidade inferior á da auga mariña, flotan nesta e son arrastrados polas correntes mariñas, feito polo que non resulta estraño atopalos mesturados con outros refugallos que quedan na zona máis alta acadada pola marea. Tamén poden quedar soterrados na area, polo que a súa recollida en terra é pouco doada.

Estes gránulos poden afectar negativamente ás aves e mamíferos mariños. A Xunta de Galicia informou que xa son máis de 90 os sacos de pélets recollidos por voluntarios e traballadores municipais e da empresa Tragsa nas costas desta comunidade autónoma.

Outros artigos

“Último abril”. Olegario Sampedro

“Último de abril, primero de mayo. Que entre el bueno y salga el malo”. Este era el popularadagio al que, cada 30 de abril, se recurría para bendecir las casas. Provistos con una rama detojo empapada en agua bendita, la gente santificaba sus hogares con el propósito...

+

“A crise nos nenos” – José Manuel Pena

A parella está sen traballo e unicamente perciben pouco máis de 600 euros mensuais. Teñen dúas nenas de 4 e 6 anos. A pasada semana comeron pasta e arroz porque non dispoñían de diñeiro e a prestación non entra, no caderno do banco, ata o día dez de cada mes. Desde...

+

“Nun dezasete de maio…” – Manuel Domínguez

No dia 17 de maio de 2019 veu a este mundo, não sei se era menino ou menina, uma vida muito especial, uma vida que nos incentiva a viver, a lembrar, uma vida que mantém a esperança de um projeto vivo. Já são 5 anos, no mundo da informação, dia a dia, onde a notícia é...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Que non veña un inverno duro!”. Antón Luaces

“Que non veña un inverno duro!”. Antón Luaces

Van aló máis de quince anos desque a Xunta, a través da consellería do Mar (antes, de Pesca) contempla o pasar do tempo mentras os mariscadores sachan, sementan e fan cálculos sobre as perdas económicas que supoñen os vertidos dos encoros e a carencia dunha política...

“Que non veña un inverno duro!”. Antón Luaces

“A Sanidade non se vende, a sanidade deféndese”. Antón Luaces

Pública e responsable. Así debe ser a Sanidade en España. Para esto, o Goberno derogará a lei aprobada por José María Aznar (a Lei 15/1997) que permitía o que, hoxe en día, está a acontecer: a privatización dun servizo público e universal que tanto custou e custa á...