O BNG rende tributo a Castelao e defende o acordo de investidura estatal como unha gran nova para a nosa terra

13 Xaneiro 2020

Rianxo acolleu esta segunda fin de semana de xaneiro unha das moitas actividades de homenaxe que programou o Concello ao abeiro do programa Actos Castelao 2020 para render tributo ao seu ilustre veciño, o histórico escritor e político Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. No acto conmemorativo deste domingo participaron o alcalde rianxeiro, Adolfo Muíños, e máis a portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón, quen reivindicou a actualidade do pensamento do escritor rianxeiro nestes tempos actuais, “un pensamento que resulta incómodo para o poder” e que está na base do que debera ser “o cambio político real en Galiza”. Pola súa banda, o rexedor local lembrou que “tras 70 anos do pasamento de Castelao, no exilio o seu legado político e artístico continúa vixente”. Ademais, dixo, é considerado o “rianxeiro máis universal”.

Pontón aproveitou a homenaxe para estender o recoñecemento á xeración da que a autor de Cousas formaba parte: unha xeración que “loitou por construír un proxecto nacionalista do que o BNG é herdeiro”, e na que se inseriron mulleres silenciadas como María Miramontes, Amparo López Jeán, “condenadas ao exilio”, mulleres aldraxadas como Coralia e Maruxa Fandiño, ou Virxinia Pereira Renda, que “loitou durante 20 anos por recuperar a obra de Castelao espoliada polo fascismo”.

A portavoz nacionalista tamén tivo palabras para mostrar a postura do seu partido ante a presentación do novo Goberno do Estado: “Durante a campaña dixemos que os votos do BNG servirían para defender os intereses dos galegos e galega e o resultado está á vista: un acordo de investidura que é a mellor noticia para Galiza nos últimos dez anos”.

Respecto das vindeiras eleccións autonómicas, Pontón dixo que a nosa terra “precisa dun cambio político e o BNG vai liderar ese cambio. É necesario un proxecto pensado dende Galiza, autocentrado e inclusivo, sen complexos e confiando en todo o potencial e capacidade para defender os sectores produtivos, empresas, servizos públicos e a clase traballadora porque podemos conquistar un futuro mellor sen pedir permiso a ninguén”, recalcou.

Pontón rematou a súa intervención parafraseando a Castelao: “O verdadeiro heroísmo consiste en transformar os anceios en feitos, as ideas en realidades”.

Pola súa banda, o rexedor de Rianxo lembrou que “recentemente”, cun volume do Sempre en Galiza tomou posesión no Congreso o deputado do BNG Néstor Rego “que segue a estela dos Castelao, de Suárez Picallo, Otero Pedrayo ou Vilar Ponte, primeiros deputados na República e aos que debemos os primeiros pasos para outro goberno”. Muíños recordou o roteiro previo ás intervencións políticas ante o busto de Castelao, do que salientou “a súa defensa e compromiso ético con Galiza e noso idioma”. Para o alcalde de Rianxo, o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego terá “unha tarefa primordial”, poñer en riba da mesa a “axenda galega petada despois de anos de silencio de deputados e deputadas que exerceron de procesión dos caladiños”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.