Rianxo homenaxea a Castelao con numerosas propostas

10 Xaneiro 2020

O Concello de Rianxo organiza os Actos Castelao 2020 en homenaxe ao ilustre rianxeiro. As propostas comezaron o 20 de decembro coa apertura da exposición Sempre en Galiza: homenaxe de artistas galegos, podendo visitarse no Auditorio ata o 1 de febreiro.

O venres, 24 de xaneiro, recalará na Biblioteca pública, ás 20.30 horas, unha cita artística que, baixo o título A+A, integra a presentación dun audio-caderno e unha performance da man de Ricardo de Barreiro. Os interesados en asistir deberán inscribirse a través do enderezo electrónico biblioteca@concelloderianxo.gal.

Ao día seguinte, sábado 25, a Sala Arcos Moldes do Auditorio será escenario, ás 20.00 horas, da estrea da curtametraxe O Castelo da Lúa, de Vou Films. O evento incluirá mesa redonda a cargo do director e guionista Lois Basallo, as historiadoras da arte Adriana Rego e Vanesa Mariño, sumándose a participación especial dos actores Sergio Pazos e Miguel Pernas. Así mesmo, proxectaranse outras dúas curtas da referida produtora: As lavandeiras e As costureiras.

Posteriormente, o venres 31, a Sala Arcos Moldes do Auditorio volverá converterse no lugar escolleito para o desenvolvemento dunha nova actividade. Nesta ocasión, presentarase o número 151 de A Voz de Barbantia e a novela Escribirme, de Héctor Pose Porto e editada por Toxosoutos. Comezará ás 20.30 horas e contará coa intervención artística do pintor e gravador Manuel Ayaso. A apertura e o peche musical correrá a cargo do cuarteto de frautas Leliñas, da EMR.

Iniciando o mes de febreiro, o sábado 1, os actos concentraranse en varios emprazamentos. En primeiro lugar, ás 12.00 horas, o busto de Castelao e as rúas de Rianxo vivirán a ofrenda floral, intervención das autoridades e saída dun roteiro. Xa pola tarde, ás 20.00 horas, o salón de actos do Auditorio acollerá a presentación do libro Desvelando a Ademar Escambia, editado por Toxosoutos e co que José Carou Rey gañou a décimo oitava edición do certame literario Antón Avilés de Taramancos. Tamén asistirán o escritor Agustín Agra; Clodio González Pérez, de Editorial Toxosoutos; e o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.