O Pazo de Goiáns acolle o 17 de xaneiro a estrea do audiovisual Voces da Conversa, promovido por Barbanza Arousa

10 Xaneiro 2024
O Pazo de Goiáns en Boiro

O vindeiro mércores 17 de xaneiro celebrarase a estrea do audiovisual Voces da Conserva, un percorrido pola historia da salgadura e conserva industrial de Barbanza Arousa narrada polos seus protagonistas. A proxección celebrarase no Pazo de Goiáns (Boiro) ás 18:30h. Trátase dun traballo videográfico promovido pola Mancomunidade Barbanza Arousa no marco do desenvolvemento da súa estratexia de promoción turística a través da financiamento concedida pola Deputación da Coruña para este fin.

Voces da Conserva ten como obxectivo concienciar e sensibilizar acerca da pegada deixada pola conserva e as fábricas de salga a través do seu patrimonio material e inmaterial no territorio dos concellos de Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo.

O documental ten como fío condutor a historia persoal de Encarnación, unha muller que como tantas outras neste territorio dedicou a súa vida ao traballo no sector da conserva. A través dela, explica a Mancomunidade, “faise un percorrido polas diferentes etapas que se foron sucedendo ao longo dos anos nesta industria que forma parte da idiosincrasia de Barbanza Arousa, desde os pioneiros ata a chegada da modernidade”.

A produción desta peza audiovisual vén dar apoio documental ás diferentes accións que se están a desenvolver no territorio a través do Plan de Sustentabilidade Turística Viaxes a través dos sabores, dotado cun financiamento de 1.5 millóns de euros dos fondos Next Generation.

A estrea está aberta ao público en xeral ata completar o aforo a través de inscrición previa no correo electrónico info@barbanzarousa.gal ou no teléfono 981 845 236.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.