O PSdeG-PSOE ribeirense presenta unha reclamación respecto á EDAR

07 Xaneiro 2020

O grupo municipal do PSdeG-PSOE vén de presentar unha reclamación no Concello de Ribeira en relación á aprobación da modificación na ordenanza da taxa de prestación do servizo de saneamento (B.1.14) abordado na sesión ordinaria do mes de novembro. Unha cuestión que saíu adiante cos votos favorables do PP, votando en contra PBBI e absténdose socialistas, BNG  e Suma Ribeira.

Ademais, o 30 de decembro celebrouse un pleno extraordinario no que foron denegados os puntos da orde do día: o acordo entre Augas de Galicia e o Concello de Ribeira para a cesión da explotación da EDAR de Ribeira; así como o expediente de licitación mediante procedemento aberto, con multiplicidade de criterios, do contrato de servizos de operación e mantemento para os sistemas de saneamento en alta e depuración asociados á EDAR de Couso e á EDAR de Corrubedo. Unha resolución que se lle comunicou a Augas de Galicia. Deste xeito, inicialmente a xestión do saneamento en Ribeira estará repartida entre as Administracións local e autonómica.

Agora, o grupo municipal socialista reclama a realización dun estudo exhaustivo e fundamentado do número de usuarios do servizo de abastecemento-saneamento-depuración para as depuradoras de Corrubedo e de Couso, así como das actividades económicas que máis contaminen ditas augas residuais, “co fin de aplicar un gravame axeitado á prestación do servizo ofrecido.” Tamén expoñen que, “en tanto non estea recepcionada a obra, non se aplique a modificación de tarifas provisionalmente aprobada, necesitando do consenso do Pleno corporativo definitivo.” Outra das reivindicacións consiste en que a cota tributaria debería estar en función do consumo da auga e de electricidade en toda a instalación, “extremo a considerar nos costes de explotación, así como a estudar o persoal subrogable da concesión.” Así mesmo, entenden que a taxa mensual do aumento no recibo “debería estar na cantidade barallada no principio do expediente, en torno aos cinco euros mes, sempre e cando se solucionen os defectos detectados na infraestrutura.”

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.