O PSdG-PSOE ribeirense insiste en garantir unha auditoría externa e íntegra da EDAR

23 Decembro 2019

O PSdeG-PSOE de Ribeira vén de emitir un comunicado no que expresa a súa opinión sobre o futuro da EDAR. A formación socialista sinala que, a pesar de que tódalas obras foron executadas e recibidas inicialmente por Acuaes e que está estipulado que esta empresa ten fixado entregar a obra a Augas de Galicia (para o seu uso público mediante acto formal) o 30 de decembro deste ano; segundo a resolución do pleno celebrado en agosto, mentres non se realice e se aprobe a auditoría externa o Concello non recepcionará a referida obra.

A agrupación engade que todo o importante e complexo conxunto de infraestruturas da EDAR “non debe ser recepcionado, en ningún caso, en tanto non estean estas instalacións certificadas no seu bo funcionamento (todas elas) pola auditoría externa esixida na resolución do pleno do Concello do pasado 23 de agosto.”

Por todo iso, o grupo municipal socialista considera que “debe ser Augas de Galicia quen corra co gasto que orixine a obra en tanto esta non sexa recepcionada polo Concello, cousa que non debe ocorrer ata que se aprobe a auditoría externa.”

Outros artigos

Ribeira prepárase para vivir a terceira Noite Tradi no 11 de xullo

O folclore segue protagonizando citas dentro do calendario municipal de Ribeira. A terceira Noite Tradi celebrarase no sábado, 11 de xullo, a partir das 22.00 horas, na praza de Porta do Sol. Alí actuarán os grupos locais Bailadela e As Sete Linguas da Asociación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...