O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a contratación do persoal docente e directivo do Obradoiro de Emprego

30 Outubro 2023

O Boletín Oficial da Provincia publica este luns 30 de outubro as bases e a convocatoria dos procesos selectivos que o Concello de Boiro leva a cabo para cubrir os postos de persoal docente e directivo do Obradoiro de Emprego Medioambiental Torre Goiáns III que se vai desenvolver entre o curso 2023-2024.

En total vanse contratar a cinco persoas que formarán o equipo docente e directivo do Obradoiro de Emprego: un/ha director/a, un/ha mestre/a para a especialidade de xardinería, un/ha mestre/a para a especialidade de repoboamentos forestais, un/ha titor/a docente e un/ha técnico forestal.

Nas bases faise saber que as persoas aspirantes deberán cumprir unha serie de requisitos xerais de acceso ao emprego público como ter a nacionalidade española, non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desempeño das funcións do posto de traballo, non ter sido despedido mediante expediente disciplinario de ningunha administración pública e non incorrer en causas de incompatibilidade ou incapacidade.

Ademais, nas bases especifícase que as persoas aspirantes deberán cumprir unha serie de requisitos en función do posto de traballo como son a titulación acorde coas tarefas a desenvolver, esta en posesión da titulación de galego, contar cunha experiencia mínima no posto de traballo e dispor de permiso de conducir.

O prazo de presentación de solicitudes abre este martes e será de cinco días naturais. As persoas interesadas en formar parte do proceso deberán presentar as instancias e a documentación acreditativa de cumprir cos requisitos de cada posto no Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.