Un condutor foi trasladado en helicóptero tras sufrir un accidente en Noia

27 Outubro 2023

Unha persoa foi evacuada esta tarde en helicóptero tras impactar o vehículo no que circulaba contra un poste de formigón.

Segundo a información recollida polo 112 Galicia, o accidente produciuse na entrada do polígono Auga Levada, en Noia, ás 17:15 horas da tarde. Como consecuencia do impacto, o condutor resultou ferido de consideración e perdeu a consciencia. Debido a magnitude do accidente, os efectivos do GES de Noia tiveron que intervir para liberar á persoa e sacala do vehículo.

Unha vez liberado e accesible, o ferido foi atendido polos profesionais de Emerxencias Sanitarias de Galicia-061 e, posteriormente, trasladado a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela.

A maiores, cómpre destacar, que neste operativo tamén participaron os Bombeiros de Boiro, os axentes da Garda Civil e da Policía Local e os membros de Protección Civil de Noia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.