Representantes europeos coñecen o traballo no observatorio costeiro de Cortegada a través dos proxectos Radonraia e Marrisk

25 Outubro 2023

Representantes da Comisión Europea visitaron o observatorio costeiro de Cortegada para coñecer o traballo realizado pola Xunta en materia de seguimento e recollida de información meteorolóxica.
Da man da directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Sagrario Pérez, a delegación internacional tivo ocasión de saber máis sobre as iniciativas de observación oceanográfica e meteorolóxica da Comunidade, as cales se aliñan cos propósitos recollidos na Estratexia de Cambio Climático e Enerxía 2050.
Así, coa participación da directoras do Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar, Paloma Rueda, e do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar), Covadonga Salgado, na visita falouse de proxectos como o RADARonRAIA que, baixo a batuta do Cetmar, permitiu establecer unha infraestrutura física e virtual común a ambos lados da fronteira. Financiado polo programa Interreg POCTEP, permitiu integrar á Rede de Radares de Alta Frecuencia coordinados polo Intecmar unha nova
antena en territorio portugués, cuxos datos se gardan agora a diario en Galicia.
Este traballo intégrase dentro do Observatorio Transfronteirizo da Marxe Ibérica- Observatorio RAIA, no que o Observatorio Costeiro da Xunta de Galicia é unha parte fundamental, e no que colaboran institucións de relevancia no campo da oceanografía operacional a ambos lados da fronteira. A Consellería do Mar é parte activa nesta labor a través da participación de Intecmar e Cetmar.
Tamén se presentaron os resultados do proxecto MARRISK, que permitiu a mellora de infraestruturas de observación como a Plataforma de Cortegada que hoxe é visitada.
Ademais, puxéronse en marcha controis de calidade para os datos históricos, conseguindo series temporais de mais de quince anos de duración, claves para o estudio e definición de indicadores do cambio climático nas rías galegas.

Ambos son proxectos desenvolvidos conxuntamente entre Portugal e o Goberno galego.
Concretamente, impulsados no marco do programa Interreg, co que a Comunidade leva colaborando desde 2009 e que ten como obxectivo o desenvolvemento rexional por medio de solucións en favor da sostibilidade.
A directora xeral rematou a visita agradecendo á Comisión Europea o seu interese nas iniciativas do Goberno galego en materia de seguimento climatolóxico e a loita contra o cambio climático, agardando que xurdan novos programas internacionais que permitan continuar avanzando no coñecemento do quecemento global e as súas consecuencias no medio mariño.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.