O BNG homenaxea este xoves ás Mártires de Nebra

11 Outubro 2023

Este xoves 12 de outubro ás 12.30 horas a ponte de Cans (Nebra, Porto do Son) acolle unha homenaxe á veciñanza da localidade que foi asasinada na segunda década do século XX pola Garda Civil. Será unha lembranza ás mártires de Nebra e á súas historia de resistencia, en palabras da agrupación local do BNG, organizadora do acto.

Así o explica o BNG: “Un ano máis, con este acto político lembramos como o 12 de outubro de 1916, a Garda Civil asasinaba 5 labregas -catro mulleres e un home- e fería de bala outras 32 persoas en Cans-Nebra por loitar contra o pagamento inxusto e discriminatorio de impostos ao estado español”.

No acto intervirán Santi Suárez (veciño), Balbino González (portavoz municipal) e a deputada Mercedes Queixas.

Outros artigos

O 20 de xuño celébrase a II Andaina Nocturna de Nebra

Volve a Andaina Nocturna de Nebra, logo de éxito de participación do ano pasado, e faino cunha segunda edición programada para o sábado 20 de xuño a partir das 22.00 horas (recepción) na Casa Veciñal de Nebra (campo da festa) e cun prezo de oito euros de inscrición....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...