Ribeira contará cun punto violeta contra agresións machistas nas Festas do Verán

01 Agosto 2023

A concelleira de Educación, Formación, Igualdade, Diversidade e Atención ás Parroquias, Cruz Rivadulla, presentou o operativo organizado polo Centro de Información á Muller en Ribeira (CIM) co propósito de concienciar sobre a violencia de xénero e prever calquera tipo de agresión durante o transcurso das Festas do Verán.
A cidade contará cun Punto Violeta para informar, axudar e atender calquera caso de violencia machista. Estará situado no Centro de Saúde, con presenza de axentes da Policía Local e persoal especializado en violencia de xénero.
Horarios:

  • mércores 23.00 – 03.00
  • xoves 23.00 – 05.00
  • venres 23.00 – 06.00
  • sábado 23.00 – 06.00
  • domingo 23.00 – 03.00

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.