A Deputación financia con 812.000 € os programas de servizos sociais de 70 entidades da provincia

03 Agosto 2023

A Deputación da Coruña vén de publicar no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a concesión definitiva das subvencións dirixidas a entidades sen fins de lucro para o mantemento de programas e servizos en materia de servizos sociais para o ano 2023, cun investimento total de 812.498,53 €.

As axudas da Deputación chegarán este ano a un total 70 entidades da provincia da Coruña que desenvolven o seu traballo no eido social, con subvencións que oscilan entre os 1.800 e os 23.800 euros.

Con este investimento a Deputación pretende reforzar os servizos sociais da provincia co obxectivo de chegar ao maior número de persoas posible. “As entidades que traballan no ámbito social na provincia da Coruña realizan unha labor fundamental con aqueles colectivos especialmente vulnerables. Un traballo que desde a Deputación queremos apoiar con estas liñas de axudas”, afirmou a deputada responsable da área de Política Social, María del Mar García Vidal, que destacou que este programa “beneficia a miles de persoas” con diversidade funcional, adiccións, en risco ou situación de exclusión social, menores e outros colectivos especialmente sensibles, “axudándolles a mellorar a súa calidade de vida”.

Terapias de rehabilitación, programas de atención psicosocial e prevención de condutas aditivas, respiro familiar, transporte adaptado ou integración social son algunhas das iniciativas que a Deputación apoia a través desta liña de axudas.

“ASOCIACION ANTIDROGA RENACER” entre as beneficiarias das axudas

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.