Volven Os Quinquilláns e as súas visitas teatralizadas no pazo de Goiáns

07 Agosto 2023

Este martes 8 de agosto imos ter unha nova oportunidade de coñecer a historia do Pazo de Goiáns (Boiro) e da súa contorna a través dunha visita teatralizada dirixida e orquestrada por Os Quinquilláns. Será a partir das 20.00 horas. Quen estea interesada/o en participar deberá formalizar a súa inscrición na Casa da Cultura de Boiro ou no teléfono 981 84 84 25. As sesións terán continuidade os días 17 e 25 de xuño.

Segundo informa o Concello, organizador destas actividades, as visitas guiadas de Os Quinquilláns preséntanse como unha boa oportunidade para coñecermos, dun xeito ameno e participativo, a historia da construción e da contorna natural que a rodea.

Estas experiencias, engaden dende a Área de Cultural do Consistorio, “teñen como finalidade dar a coñecer o noso patrimonio e a historia do Pazo de Goiáns a través do punto de vista dos personaxes baseados nas persoas que o habitaron”. Por certo que para a elaboración destas visitas teatralizadas realizouse un encontro coa veciñanza dirixido a poñer en común a sabedoría popular e os recordos das e dos boirenses que estiveron vinculados ao Pazo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.