Este luns 14 de agosto celébrase en Boiro un dos grandes concertos da tempada estival na nosa comarca: o concerto do gaiteiro galego Carlos Núñez no Pazo de Goiáns. Será ás 20.00 horas. As entradas están esgotadas dende hai días. O concerto forma parte do programa Lugares Máxicos, que propón unha confluencia entre a música (e por extensión a música tradicional galega, a día de hoxe mergullada nun fondo proceso de transformación e enriquecemento) e os espazos da nosa terra que, como o Pazo de Goiáns, están considerados tesouros paisaxísticos, arquitectónicos e culturais.

Ficha da xira
Carlos Núñez celebra os 25 anos do seu primeiro disco, o lendario A Irmandade dás Estrelas. O músico farao da mellor forma posíbel cun novo disco, editado por Sony. O traballo discográfico conta con colaboracións especiais de Rozalén; Tanxugueiras; Iván Ferreiro; Andrés Suárez; Glen Hansard; etc. O disco agasállanos con exemplos destacados do que se coñece na actualidade como “folktrónica”, estilo xa abordado Núñez ao longo da súa carreira, e que mantense vivo co novo single do gaiteiro acompañado de Baiuca, Solstício, lanzado con motivo de celebrar o Entroido tradicional galego..



