“Do fútbol entre mulleres casadas e solteiras a campioas do mundo”. Antón Luaces

20 Agosto 2023

Lembro ter asistido a algún partido de fútbol que, mediados os anos 60 do século pasado, desputaban en Elviña e Eirís, na Coruña, equipos integrados por mulleres casadas e solteiras. Eran, aqueles, partidos aos que asistían como espectadores moi poucos homes e, menos aínda, mulleres, e os comentarios que xurdían, pouco ou nada tiñan que ver co xogo. Máis ben xiraban en torno ao cú e as tetas da xogadoras (por parte dos espectadores masculinos) e os quilos ou o longo dos calzóns das futbolistas (por parte das escasas espectadoras). Sen embargo os xornais locais ofrecían ao día seguinte ao partido ampla información -con  profusión gráfica- sobre o impacto causado supostamente polo feito de que mulleres solteiras e casadas desputaran un trofeo  como premio nun partido de fútbol tradicionalmente celebrado en populares -que non populosos- barrios da cidade considerada daquela capital da provincia da Coruña e de Galicia.

Case 70 anos máis tarde, un campionato do mundo de fútbol feminino celebrado en Nova Zelanda e Australia, levou aos estadios nos que se desputaban os partidos concernidos a milleiros de espectadores femininos e masculinos, cativos incluidos -coido que nunca menos de 30.000 asistentes en  cada o seu partido- que, teóricamente, estaban máis interesados en seguir as evolucións das xogadoras e as “árbitras” que en controlar peitos e cús dunhas e outras, algo que chama a atención e non, precísamente, polas tallas.

Porque, aceptando gustosamente a asistencia duns e outras como espectadores aos partidos en liza, nos que se rifa máis ou menos amistosamente sobre a calidade do xogo de tal ou cal futbolista, aínda hai algún home que remata significando  as condicións físicas de tal defensa ou centrocampista pero non, precísamente, loando as excelencias futboleiras desas xogadoras (cousa que sí se fai cos xogadores), o que nos retrotrae a aqueles anos 60 nos que, en Eirís ou Elviña, as solteiras e casadas valorábanse en función da talla do “sostén” (aínda non se falaba do suxeitador) e a braga que empioegaban e non da sapiencia futbolística daquelas mulleres que se reunían para xogar un “amistoso” partido de fútbol diante de aproximadamente un cento de espectadores  que acudían atraídos non polo fútbol que practicaban senon polo “glamour” que desprendían.

Hoxe, domingo, a selección española de fútbol feminino, xogando “de libro”, desputou e gañou ás súas homónimas inglesas, a Copa do Mundo. O estadio estaba prácticamente cheo de espectadores. As inglesas eran dirixidas por unha adestradora nórdica; as españolas, por un adestrador. Como xuíces do que se dirimía no estadio, catro mulleres e, supostamente, no VAR, tamén estarían mulleres, cousa que ignoro. Pero o protagonismo correspondeu -e corresponde- á muller, sobre todo polo feito de ter persistido na súa idea de practicar un deporte -o fútbol- que non ten para o practicante contraindicación algunha de distinción  de xénero.

O malo, ás veces,  radica en que ese sermos iguais homes e mulleres no fútbol, non se traduza do mesmo xeito na vida familiar, laboral, de relación de parella entre homes e mulleres. 

Que será o que nos separa, o que non nos permite ver e sentir que estamos entre iguais mesmo trascendendo do fútbol, do que xa somos campioes mundiais femininos e masculinos?.  Chegaremos a o ser tamén en tolerancia?.

Outros artigos

Una vía de alta prestación a 15 minutos”. José Castro López

El Gobierno gallego cumplió con una de sus primeras obligaciones, la de presentar losPresupuestos con la previsión de ingresos y el desglose de gastos para el ejercicio 2027.Las cuentas anuales son como la hoja de ruta a la que ha de ajustarse el Ejecutivo en...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“500 noites” – Xulio Xiz

“500 noites” – Xulio Xiz

O dato das 500 noites lembroumo o pasado San Froilán o magnífico Carlos García-Boente Carro, á fronte de La penúltima sabinera, que foi debullando os éxitos de Joaquín Sabina diante do entusiasmo dos presentes, deixando para o remate os dous temas para min máis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.