Portosín celebra a última fin de semana de agosto cunha nova Feira Outlet e unha exaltación de navalla e de porco ao espeto

24 Agosto 2023

A última fin de semana en Portosín virá completiña de actividades gastronómicas e empresariais. A vila mariñeira vai despedir a tempada alta do verán con dúas interesantes propostas: por unha banda a sétima edición da Feira Outlet de Portosín, organizada pola AEP (Asociación de Empresarios de Portosín) e, pola outra, unha nova convocatoria da Exaltación da Navalla da Ría e do Porco ao Espeto, impulsada dende a Confraría de Pescadores San Andrés de Portosín. Nas súas actividades colabora o Concello de Porto do Son.

Na sétima Feira Outlet de Portosín participarán os establecementos locais adheridos á AEP e virá con descontos de até o 70% nos seus produtos e servizos. Celebrarase na praza do Curro, baixo carpa. Celebrarase o sábado 26 e o domingo 27 de agosto e o horario será de 11.00 a 22.30 horas. Haberá actividades para todos públicos, tamén, por suposto, para a rapazada (con inchábeis e xogos).

Polo que se refire á Exaltación da Navalla da Ría e do Porco ao Espeto, desenvolverase este sábado 26 de agosto a partir das 13.30 horas (Exaltación da Navalla) e o domingo á mesma hora (Exaltación do Porco ao Espeto).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.