En marcha a nova edición da II Feira Gastromar, o salón de produtos pesqueiros de Ribeira

25 Agosto 2023


Este evento gastronómico -que se celebra entre hoxe e o domingo en horario de 13,00 a 15,15 horas e de 20,00 a 22,15 horas- está organizado pola Asociación de Empresarios de Ribeira e pretende promocionar peixes que perderon valor comercial nos últimos anos como o lirio -que ten marca rexistrada, Lirio de Ribeira-, a sardiña, o xurelo e a xarda. A maiores este ano inclúese o polbo entre as especies a promocionar ao tratarse dunha das máis capturadas pola frota local.
Entre os atractivos da feira, que contará con numerosas degustacións e actividades para todos os públicos, atópase a presenza de tres das catro foodtrucks da campaña GALICIA SABE AMAR, que ofrecerán aos asistentes distintos petiscos elaborados con produtos do mar da comunidade.

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, particip u hoxe na inauguración da II Feira Gastromar Ribeira, onde salientou a importancia deste tipo de eventos para promocionar os produtos locais do mar. Nesta liña,
destacou que as catro foodtrucks da campaña GALICIA SABE AMAR -que percorreron nos últimos meses distintos municipios de España vencellados co Camiño de Santiago e que agora están de volta en Galicia- achegaron xa a calidade e a excelencia dos peixes e mariscos galegos a preto de 230.000 persoas.
O titular de Mar lembrou que estas accións de posta en valor son fundamentais para promover o consumo destes alimentos e fomentar hábitos de vida saudables. No mesmo sentido, incidiu en que a ese obxectivo tamén contribuirían medidas solicitadas en numerosas ocasións ao Goberno central como a rebaixa ou eliminación do IVE dos produtos do mar, básicos na cesta da compra de moitos consumidores.
Por iso, o representante da Xunta puxo de relevo o papel de feiras como Gastromar pois permiten ao conxunto da cidadanía -tanto veciños como visitantes- coñecer produtos pesqueiros locais da máxima calidade, nutritivos e accesibles para todos os petos como o lirio, a sardiña, o xurelo, a xarda ou o polbo.
Alfonso Villares, que estivo acompañado polo director de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, e polo presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, agradeceu á Asociación de Empresarios de Ribeira que apostase por este evento gastronómico con marcado carácter mariñeiro e avance na súa consolidación no calendario festivo da comunidade.
Neste sentido, o conselleiro destacou tamén a colaboración doutras entidades como a Sociedade Cooperativa do Mar Santa Uxía, ás confrarías de pescadores de Ribeira, Carreira e Aguiño, á Organización de Produtores de Mexillón de Galicia (Opmega) ou dos locais de hostalería de Ribeira pois nestes días de feira contribúen a dinamizar a economía do concello e da súa contorna.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...