“Afogar iniciativas válidas para o sector pesqueiro”. Antón Luaces

28 Agosto 2023

Son dos absolutamente convencidos de que no mar, especialmente en polo menos dous dos máis importantes portos pesqueiros do Barbanza, existen interesados en que a Asociación de Armadores de Cerco de Galicia (OPP82) ACERGA esmoreza e, a ser posible, desapareza do mapa da pesca de España canto antes. 

Dos 120 barcos que integraban esta organización respectada e, en gran  medida, temida desde a súa fundación en 2018, na actualidade son 80 as embarcacións que a manteñen viva. 

Sardiña, xurelo, xarda e bocareo son as especies que substentan o sector. Pero a escaseza delas, o incremento do prezo do combustible e a nula axuda que, tanto desde a administración central como da autonómica, se lle está a prestar, contribúen decisivamente a que ACERGA sexa, a estas alturas, un mero referente do que foi e, sobre todo, poido ser. 

ACERGA, respectada no sector pesqueiro nacional, e temida pola súa forza diante das institucións, especialmente no Ministerio de Pesca, na Consellería de Pesca e na Federación Nacional de Cofradías de Pescadores porque, por sí mesma e en caso de necesidade, mobilizaba ou paralizaba un segmento fundamental da frota pesqueira española que chegou a ser un referente importante en Bruxelas e, en concreto na estrutura da Comisión de Pesca da Unión Europea.

Este poder baseado no recoñemento de ser unha organización dun cento e medio de armadores e os seus respectivos barcos e máis dun milleiro de tripulantes, non era ben vista por algunhas outras entidades sobre todo cando se comezou a falar de cupos diarios e bolsas comúns de peixe que garantiran capacidade de pesca tanto para hoxe como para mañá e sen necesidade de recorrer a medidas límite nas que se xogara co futuro. Porque, contra daqueles que pretendían peixe para os barcos que puderan ter nese futuro os fillos, había quen optaba claramente por pescar hoxe todo o que se poidera e,  cando non houbera, botar man das cotas doutras especies que, co tempo, tamén se irían acabando e das que non habería recursos dos que botar man.

Madrid e Santiago aplican medidas que colisionan moitas veces coa mesma Unión Europea e chega un momento no que o sector nen siquera sabe a quen recorrer, con quen falar.

 Os 80 cerqueiros que daban vida a ACERGA é moi probable que vaian a menos, segundo algúns dos seus socios. E se esto chega a ser así, o sector pesqueiro, o peixe do día, pode comezar a contar -como a sardiña- os días que lle quedan.

Oxalá fallen os prognósticos.

Outros artigos

“Nun dezasete de maio…” – Manuel Domínguez

No dia 17 de maio de 2019 veu a este mundo, não sei se era menino ou menina, uma vida muito especial, uma vida que nos incentiva a viver, a lembrar, uma vida que mantém a esperança de um projeto vivo. Já são 5 anos, no mundo da informação, dia a dia, onde a notícia é...

+

“Que non veña un inverno duro!”. Antón Luaces

Van aló máis de quince anos desque a Xunta, a través da consellería do Mar (antes, de Pesca) contempla o pasar do tempo mentras os mariscadores sachan, sementan e fan cálculos sobre as perdas económicas que supoñen os vertidos dos encoros e a carencia dunha política...

+

“A Sanidade non se vende, a sanidade deféndese”. Antón Luaces

Pública e responsable. Así debe ser a Sanidade en España. Para esto, o Goberno derogará a lei aprobada por José María Aznar (a Lei 15/1997) que permitía o que, hoxe en día, está a acontecer: a privatización dun servizo público e universal que tanto custou e custa á...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

¿El mundo se ha vuelto idiota?. José Antonio Constenla

¿El mundo se ha vuelto idiota?. José Antonio Constenla

Antes de que la palabra idiota fuera un insulto y la RAE en su diccionario ladefiniera como tonto, corto de entendimiento o falto de instrucción, los antiguosgriegos la usaban para referirse a los que no se ocupaban de los asuntospúblicos y se dedicaban en exclusiva a...

“El IES Díaz Castro de Guitiriz”. Joisé Castro López

“El IES Díaz Castro de Guitiriz”. Joisé Castro López

James Botkin, coautor de “Aprender, horizonte sin límites” (Informe al Club de Roma,1979) contrapone el "aprendizaje de mantenimiento" que enseña a los escolares aenfrentarse a situaciones conocidas, al "aprendizaje innovador", que transmiteconocimientos y...