Samoa en Open e Ronáutica Mariñas en ORC completaron os triunfos da regata de Sanxenxo. Bribón saca bravura e faise co TrofeoHotel Carlos I Silgar nos Clásicos 6 Metros

30 Xullo 2023

De brillante pódese cualificar a fin de semana na Ría de Pontevedra, cunhas condicións de mar e vento
envexables para a navegación.
A segunda xornada do XXIV Trofeo Hotel Carlos I Silgar – 36ª Regata Roteiro das Illas disputouse cunha compoñente do 285, é dicir, noroeste, e 10-12 nós de intensidade, ideais para os Cruceiros e con pouca
onda para os 6 Metros, que puideron completar outras dúas mangas os Clásicos e unha costeira os ORC e Open.
Triunfo indiscutible do Bribón, de José Cusí, que se fixo con dous primeiros postos parciais nas dúas mangas de hoxe, saldando a xeral con 7 puntos, tres menos que o ata este domingo líder da proba, o
Alibabá, de Miguel Lago, que finalizaba con 10, despois dun terceiro e un cuarto nesta segunda xornada. A terceira praza era para o Aida, de Javier da Gándara, con 12 puntos.

Bribón navega polo Real Club Náutico de Sanxenxo e Alibabá polo Monte Real Club de Iates de Bayona, mentres que o Aida faio polo Real Club Náutico da Coruña.
Nos Open dos Cruceiros, era o Samoa, de Simón Pedro Bernárdez, do Real Club de Mar de Aguete o que recollía o primeiro premio, seguido de Cassandra, de Javier Pazó, do Club Náutico Portonovo e Adaxe Catro no bronce, de Alejandro Diéguez, do Real Club de Regatas de Galicia.
Nos ORC gran vitoria do Ronáutica Mariñas, de Jorge Carneiro, do Club Náutico San Telmo, que ratificaba a súa tarxeta de líder, cun Youkounkoun, que era segundo, de Adolfo Castro, do Club Náutico Portonovo, sendo terceiro o Piko Norte, de José Manuel Castro, do Club Náutico Boiro.
A entrega de premios estivo presidida por Telmo Martín, alcalde de Sanxenxo, acompañado de Leonardo López, director do Hotel Carlos I Silgar; Marcos Guisasola, concelleiro de deportes e deputado provincial, así como os directivos do club anfitrión, Fernando Casas e Modesto Prieto.
Recolleron premios S.M. O Rei Emérito Don Juan Carlos I, patrón do Bribón, e a súa Alteza Real, a Infanta Dona Elena, tripulante a bordo do Alibabá, de Miguel Lago.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.