A veciñanza de Corrubedo concéntrase este xoves en Santiago polo mantemento e mellora do seu Centro de Saúde

12 Xullo 2023

Este xoves 13 de xullo a veciñanza de Corrubedo vai seguir adiante coas súas periódicas mobilizacións para asegurar un servizo médico permanente e de calidade no Centro de Saúde da vila. Desta volta a concentración terá a particularidade de que se levará a cabo en Santiago, e non nas rúas de Corrubedo. Segundo comunicaron os veciños, fretaranse 2 autobuses para manifestarse ante o Parlamento polos recortes do servizo médico no consultorio de Corrubedo. Segundo lembran, a día de hoxe tan só acode un médico 2 días á semana.

“Levamos 8 meses de concentración no noso pobo, pero dende o Goberno autonómico e a Xerencia da Área Sanitaria de Santiago non nos fan nin caso, polo que temos que facernos notar máis preto dos gobernadores”, sinalan, lembrando que a concentración será arredor das 11 horas deste xoves 13.

Concentración recente da veciñanza de Corrubeda, apoiada polo actual alcalde Luís Pérez Barral, á dereita da segunda fileira

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.