O alumnado da formación sobre Industrias Alimentarias impartida en Ambar celebrou o acto de fin de curso

30 Xuño 2023

Hoxe o Centro de Recursos da Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional foi
escenario do acto de fin de curso da Formación de Operacións Auxiliares nas Industrias
Alimentarias.
Durante 6 meses e 340 horas de formación, 220 h. teóricas e 120 h. prácticas, o alumnado tivo a
oportunidade de formarse no sector das Industrias Alimentarias, realizando a súa formación
práctica nos supermercados Gadis, Eroski e Dia, adquirindo as competencias necesarias para sacar
o maior proveito desta formación.
Nese período tamén tiveron a oportunidade de traballar as súas competencias para busca activa
de emprego co orientador laboral así coma nas charlas impartidas por Adriana Rego do Grupo
Cycle ou con Gonzalo Triñanes de Suministros Industriales Triñanes.
Os alumnos e alumnas desta formación tamén tiveron a oportunidade de achegarse a outros
sectores como a restauración, a través da charla con Miguel Mosteiro de Gastro Lab Arousa,
comprender como funciona a industria alimentaria da man de Juan Carlos Rama, director de RRHH
de Corporación Empresarial Congalsa, e o sector dos eventos con Melisa Cespón, encargada de
compras e azafata en Chicolino Restauración.
Ao acto asistiron Maite Pais, Alejandro Silva, Antonia María Pérez, Dolores Ferreira, José Antonio Rey,
Luz Ces, Mary Fe Salazar, María de los Ángeles García, Ricardo Rama e Vanesa Villar, quenes
formaron o grupo que finalizou este curso.
Tamén estiveron presentes Milagros Rey, presidenta da Asociación Ambar; Helena Teira,
coodinadora xeral; Daniel Tojo, orientador laboral; Jaime Capilla, coodinador da formación; Jéssica
Estévez, preparadora laboral e Irene Paz mestra da formación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.